Coñecemos a este empresario e retranqueiro axitador de redes sociais natural da Pontenova, artífice da popularidade actual da Discoteca Hermo de Muimenta e impulsor doutros negocios relacionados co lecer nocturno na provincia de Lugo.
  comenta   0
Segundo informou o 112 Galicia, carece de combustibles e aceites que "poidan ocasionar unha contaminación da auga".
  comenta   0
Segundo informa a Europa Press o Instituto Armado, ocorreu na parroquia de Vián. Cando chegaron os efectivos, tiveron que realizar un "disparo intimidatorio" ao aire para tranquilizar ao presunto agresor.
A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, mostrou o compromiso do Concello de Moaña para "parar a ameaza eólica". No traxecto constatáronse os impactos no territorio da implantación de 15 xeradores de 180 metros de altura.
  comenta   0
A proposta do BNG presentada na Comisión de Agricultura foi aprobada por unanimidade con algunhas modificacións. O documento final trasladarase ao goberno do Estado para solicitar un protocolo de vixilancia e a inclusión da Lyme como enfermidade profesional do sector agrogandeiro e forestal.
  comenta   0
Protagoniza este domingo en Santiago o seu primeiro gran acto político, mentres que Besteiro aposta polo modelo de residencias da Deputación de Lugo.
  comenta   0
"A N-640 adoece dunha mala configuración debido a un trazado sinuoso con curvas perigosas, sobre todo na zona da Agolada", insiste Rego. Outro factor a ter en conta, engaden, é que esta vía conecta localidades e funciona como "a principal travesía urbana" en municipios de Lugo como Meira, Monterroso, A Pontenova, Antas de Ulla, e outros de Pontevedra como A Estrada, Silleda, Caldas de Reis ou Vilagarcía, "outro elemento de risco para a seguridade viaria".
  comenta   0
Segundo informaron fontes da Garda Civil, na madrugada do pasado sábado, rexistrouse un accidente no termo municipal de Meira. Alí, un turismo sufrira unha saída de vía e chocara posteriormente contra un poste de formigón. O condutor, de 33 anos de idade, foi trasladado a un centro hospitalario e sometido alí a unha proba de alcoholemia, que arroxou resultado positivo, cun índice tres veces superior ao máximo permitido.
Os hospitais galegos necesitan unhas 500 doazóns de sangue ao día para cubrir as súas necesidades.
  comenta   0