O programa galego de detección precoz de cancro de mama, que ata agora se desenvolvía na Casa do Mar, comezou a súa actividade este martes no Hospital Meixoeiro de Vigo, segundo informou o Sergas.
O xulgado do Penal número 3 de Vigo suspendeu na mañá deste luns, debido á incomparecencia dun dos acusados, que se atopa hospitalizado, o xuízo contra 13 empregados da cafetaría do hospital Meixoeiro da cidade olívica, que foran denunciados por ameazas, coaccións e danos polo administrador do local no que traballaban.
As negociacións sobre a posible venda de Povisa non remataron. Ningunha das partes confirma a operación. A incerteza do que pasará co concerto e as prórrogas, así como que acontecerá despois, pairan sobre o cadro d persoal. Xunta e Consellería de Sanidade piden manter os postos de traballo e a calidade asistencial.
  comenta   0
Destaca que Rubial "culmina unha exitosa etapa de catro anos" en Vigo, onde pediron a súa marcha e dimitiron unha vintena de xefes de servizo.
O Executivo galego cualifica os accesos ao Hospital Meixoeiro de Vigo como “terceiromundistas” e acusa a Abel Caballero de abandonar aos usuarios deste centro hospitalario.
Segundo explicou o alcalde de Vigo, hai catro anos Sanidade expuxo ao consistorio a mellora deses espazos e accesos “e desde aquel momento ata agora, o único que fixo foi baleirar o hospital”.
  comenta   0
Pontón ve ao PP "responsable" da situación de Povisa, que está "chantaxeando" cun "conto repetido".
  comenta   0
Moitos familiares decidiron traer comida de fóra do hospital para alimentar aos pacientes. A CIG di que é o persoal do hospital o que está recibindo insultos da xente por unha situación causada pola “improvisación” da Xunta. Desde Sanidade aseguran que "só teñen constancia dunha paciente que non quixo comer".
  comenta   2
Di que o hospital do Meixoeiro especializarase en cirurxía ambulatoria. Entidades sociais, sindicatos e colectivos médicos piden que se manteñan as especialidades.
  comenta   0
Varios traballadores manteñen un encerro indefinido polo peche de camas e servizos, e a derivación de pacientes e probas á sanidade privada.
  comenta   0
Din que o xerente, Félix Rubial, remitiu senllos escritos á xunta de persoal “censurando” a súa actitude e pedindo a retirada das pancartas.
  comenta   5
Denuncian que no Meixoeiro se están a "infrautilizar recursos" e piden "que se use o 100 por cento dos recursos, que non haxa camas pechadas e que se dea actividade para todo o hospital".
  comenta   3
O sindicato SATSE critica o peche de plantas mentres "o Sergas segue pagando aos centros privados pola derivación de pacientes".
  comenta   0