O presidente galego defende a explotación de minerais raros en Galicia e critica, novamente, aos do "non". "Que tipo de industria lle vale ao BNG?", pregúntase. Pontón propón declarar estratéxicos os recursos mineiros e o conxunto dos recursos naturais galego.
  comenta   0
Alberto Pazos solicitou, con especial mención aos "do non", "evitar os prexuízos" e "respectar os traballos dos técnicos para que poidan realizar o seu labor coa tranquilidade necesaria".
  comenta   0
Insiste que non aportará axudas adicionais da Xunta á megacelulosa porque "(desde o Goberno central) dixéronnos que había que promocionar proxectos estratéxicos xa que ían ter financiamento".
  comenta   0
Bará recrimina que "se está tentando crear unha sensación de medo xeneralizado" para facilitar o "espolio" con "usos militares". "Galicia non pode ser territorio de espolio para satisfacer os intereses bélicos da UE", afirma.
  comenta   1
Steven Emerman, xeofísico norteamericano, ten estudado proxectos mineiros como Touro e tamén o da Serra do Suido e as posibles consecuencias da súa apertura. A principal preocupación deste científico norteamericano son as pegadas permanentes dos traballos de minaría e tamén como e onde se embalsarán ou gardarán os estériles da mina, os refugallos, os restos, que se non son ben recollidos poden causar problemas como inundacións.
  comenta   0
Os convocantes lembraron que o proxecto mineiro Alberta I xa foi denegado hai catro anos pola Xunta de Galicia tras un informe negativo da Concesión de Explotación por parte da Confederación Hidrográfica Miño-Sil ante a afección aos cursos de auga da zona
  comenta   0