A empresa presenta recurso ante a Xunta e a Valedora do Pobo para impedir o acceso de Ecoloxistas en Acción ao expediente do proxecto e acusa a entidade ecoloxista de manipular e terxiversar informacións relativas á minería.
  comenta   0
Rede contra a Minaria Destrutiva na Galiza e entidades ambientais galegas denuncian unha "negociación bilateral, opaca e sen participación pública" por parte da Xunta co "lobby mineiro".
  comenta   0
A plataforma Mina Touro-O Pino non cifra en máis de 200.000€ as axudas da Xunta á minería. A estas poderían sumarse outras que, sosteñen, o goberno galego estaría a "ocultar". Outra asociación avanza que denunciará os feitos.
  comenta   0
A concesión mineira afecta o Parque Natural de Montesinhos, en Portugal, e o LIC de Pena Maseira. Ata agora era propiedade de Valoriza Minería, do Grupo Sacyr. O proxecto está a apenas 1 km da fronteira portuguesa e, mesmo así, non foi sometido á avaliación ambiental transfronteiriza A Administración da Xunta non declarou a caducidade da concesión a pesar que a mina nunca chegou a ter actividade Ourense, agosto de 2021.- Ecoloxistas en Acción vén de remitir unha batería de escritos ás consellerías de Economía, Innovación e Empresa e Medio Ambiente, así como á Valedora do Pobo, poñendo en evidencia cómo as Administracións permitiron que permanecera vixente unha concesión de explotación mineira de estaño e volframio na Gudiña, á que se outorgou Declaración de Impacto Ambiental favorable en 2014 e autorización mineira en 2015, pero que nunca tivo actividade. A lexislación establece que as as concesións mineiras caducarán de non iniciarse os traballos ou por incumprimento dos prazos aprobados nos proxectos, mentres que as DIA perden a súa vixencia aos 4 anos. Non obstante, a Administración mineira non só non iniciou os trámites de caducidade, se non que tentou ocultar a falta de actividade mediate informes. A actuación frente a este proxecto mineiro débese a que afecta directamente ao LIC Pena Maseira, dentro da rede Natura 2000, e está a apenas a 1 km de distancia do Parque Natural de Montesinhos, en Portugal, a pesar do que a Xunta de Galicia non tramitou no seu día o preceptivo procedemento de avaliación de impacto ambiental trasfronteiriza. Mentres se supoñía que a explotación extraería 5.000 toneladas anuais en varias cortas a ceo aberto, a imposibilidade de transladar o material en camións ata as instalacións da mina de San Finx en Lousame, por non contar tampouco aquela explotación das autorizacións ambientais necesarias, fixo a produción fose cero. De feito, en abril deste ano Valoriza Minería (Grupo Sacyr) vendeu a totalidade das súas participacións na empresa concesionaria, da que tiña o control maioritario, adquiríndoas unha sociedade instrumental alemana creada en Berlín un mes antes para completar a adquisición. A nova empresa, LMBI Vermögensverwaltungs GmbH, está vinculada a Roberto García Martínez e á mercantil sueca Eurobattery Minerals AB, cuxa filial galega ven de ser expedientada por realizar sondeos ilegais no que denomina “proxecto Corcel”, outro proxecto de mina a ceo aberto de cobre, níquel e cobalto situado entre Santa Comba e Coristanco. Ecoloxistas en Acción descofía que a nova titular irá continuar a especular con este dereito mineiro poñendo en risco a integridade de espazos ambientalmente sensibles, como xa o fixo coa Braña da Serra de Castriz, e por iso demanda a que se cumpra coa lexislación declarando a caducidade tanto da concesión mineira como da autorización ambiental.
  comenta   0
As limpezas dos últimos meses feitas pola Comunidade de Montes de san Miguel de Tabagón e Pías, no Rosal, foron deixando ao descuberto novos achados que poden cambiar a idea que ata o de agora se tiña da minería romana nesta zona.
O Consello de Estado declara que hai suficiente evidencia científica para demostrar o perigo canceríxeno do po de sílice. As mineiras alegaban que recoñecer esta enfermidade “supoñía imporlle ás empresas cargas inxustificadas”.
  comenta   2
A Autoridade Internacional para os Fondos Mariños quere lanzar un código que regule a extracción de minerais en alta mar, véndose afectado o Banco de Galicia. Tamén a Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON alerta dos perigos da minaría a ceo aberto no día mundial contra esta actividade.
  comenta   0
O colectivo ContraMINAcción apunta ao Director Xeral de Minas, Bernardo Tahoces, de tentar ocultar a contaminación por metais pesados nas balsas da antiga explotación mineira.
  comenta   1
A Consellería de Medio Ambiente argúe que "non se garante a sustentabilidade ambiental". Á empresa mineira quédalle a vía do recurso contencioso. En Marea valorou a decisión como unha "contundente vitoria" e o BNG como "un gustazo".
  comenta   3
Os 'populares' din que a idea que se estuda no Parlamento europeo "carece de base", mentres PSOE e BNG piden que se investigue. Traballadores da mina defenden o proxecto e que se cumpre coa normativa europea ambiental.
  comenta   2
Fíxase unha serie de criterios para que sexan incorporados nos proxectos de reestruturación parcelaria e outros instrumentos de ordenación agraria, como os instrumentos de planificación e de ordenación forestal.
  comenta   0
Antón Sánchez, de En Marea, acusou a Tahoces de emprender unha política "tolerante coa contaminación" e cunhas explotacións que puxeron en risco a saúde das persoas.
  comenta   0
O colectivo pide condena a "todos os responsables", entre os que se atoparía o director xeral de Minas da Xunta, que está a ser investigado por un suposto delito de prevaricación ambiental.
  comenta   0
A Cámara Oficial Mineira de Galicia e o Goberno galego presentarán a campaña “Minaría Sostible de Galicia”, dirixida ao ensino infantil, primario e secundario. A Rede Contraminacción denuncia que se trata dunha campaña de "enxeñaría social" que "oculta" aos cativos a "grave contaminación e destrución da paisaxe e do patrimonio".
  comenta   1
O período de alegacións está xa publicado no DOG con data 04/12/2018 e finaliza o día 17 de xaneiro. En total as prospeccións afectarán aos concellos de Laxe, Cabana e Zas.
  comenta   0
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia falla contra o recurso de Edgewater e dá a razón á Xunta e as entidades contrarias ao polémico plan da empresa canadense.O proxecto mineiro de Edgewater en Corcoesto debera servirlle á Xunta de Galicia, e en concreto ao Director Xeral de Enerxía e Minas, para aprender que non se pode confiar nas multinacionais, que alleas aos intereses de Galicia, só venden fume e proxectos extractivos depredadores de recursos, que só se queren aproveitar ao máximo deles e que non lles importa nada as consecuencias dos seus actos. A asociación Petón do Lobo agradece as súas persoas socias, plataformas, asociacións e á cidadanía en xeral, todo o apoio recibido ao longo da extensa tramitación xudicial deste caso, e anima á Plataforma veciñal de Touro –O Pino a manter e preservar no tempo o espíritu de loita contra outro proxecto depredador e contaminante como é o que lles afecta. Petón do Lobo di que desta sentenza a Xunta ten que aprender "que non se pode confiar nas multinacionais que só venden fume e proxectos extractivos depredadores de recursos".
  comenta   0
A empresa defende que se tratou dun "accidente" e anuncia que presentará recurso de alzada, pois a sanción non é firme. A asociación Aldea Viva celebra a multa de 30.000 euros pero bota en falla que "non se impuxese ao propietario medidas para evitar novas verteduras".
  comenta   0
As plataformas contrarias á mina de cobre entregarán as firmas en papel na Xunta para que o Goberno galego se pronuncie por fin sobre o polémico proxecto.
  comenta   0
A ONG trae o seu veleiro 'Diosa Maat' a Ribeira e organiza varias actividades ao longo desta semana para concienciar sobre os perigos de reabrir esta mina.
  comenta   1
O xornalista Valentín Carrera compara a situación da comarca leonesa coa de Galicia e advirte das consecuencias do actual modelo económico.
A parroquia de Turces mobilízase contra este proxecto que pretende ser "a mina de cobre máis grande de Europa", alertan.
  comenta   0
Veciños quéixanse da "teima" do rexedor de "recoller os dereitos mineiros no Plan urbanístico municipal en tramitación".
  comenta   0
Vídeo realizado polas mariscadoras da Illa de Arousa, integradas na Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, contra o proxecto da mina de cobre.
  comenta   1
Afirman que as augas da balsa de Bama "non afectan o medio natural" e seguran que adiantaron a recuperación do río Brandelos e que "cumpre os requisitos fixados para finais de 2021". Din ter o aval dun profesor da Universidade de Santiago que, iso non o explican, está vinculado a empresas con intereses en explotacións mineiras.
  comenta   3
Así o denuncian entidades de defensa do patrimonio e colectivos locais tras rematar o expediente de alegacións da declaración desta zona como BIC. Fóra de protección quedaría un edificio do século VI-VII, a testemuña máis antiga do monacato na Ribeira Sacra.
  comenta   0
A Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia estaría obrigada a explicar diante do Comité de Cumprimento do Convenio Aarhus da ONU, os impedimentos que pon no acceso á información ambiental.
  comenta   3
Logo de convidar a varios xornalistas de determinados medios a unha reunión informativa, na que non se contou con Galicia Confidencial, Atalaya Mining decide agora comunicarse con este xornal e asegura que "é completamente falso que confirme que ampliará a extensión do seu proxecto mineiro a 122,7 km cadrados". Con todo, si recoñece que quere conseguir os permisos de investigación en toda esa área para "ofrecer certeza a accionistas e investidores".
  comenta   0
Un novo informe da multinacional para captar investidores recoñece que pretende ampliar a explotación a 122,7 quilómetros cadrados, como denunciaron as plataformas veciñais e ecoloxistas. Ademais, dá por sentado o apoio do Goberno galego a este proxecto mineiro.
  comenta   1
Imaxes tomadas pola asociación Aldea Viva mostran a "formación de abundantes escumas e unha "secrección leitosa
  comenta   0
A Asociación Galega de Áridos, Arigal, antiga AGA, está formada por empresarios e empresarias con relación na extracción de material árido (grava, por exemplo) ademais de minaría metálica ou pedra e lousa. O seu director, Carlos Martínez, recibe a Galicia Confidencial “porque temos interese en que se coñezan algúns puntos da nosa actividade que a maioría non ten claros”. Falamos con el sobre a polémica da mina de Touro, sobre por que quedaron explotacións abertas sen que houbese unha rexeneración do terreo pero ademais, de como o sector da minaría en Galicia está de acordo coa adopción de non abrir minas se hai unha maioría social contraria a esa apertura.
  comenta   0
Adega celebra a decisión do departamento de Medio Rural e demanda á Dirección Xeral de Enerxía e Minas que denegue o proxecto de explotación. Tamén pide que se faga o mesmo co proxecto mineiro de Touro-O Pino.
  comenta   0
A eurodeputada Lídia Senra denuncia ante a Comisión Europea a vulneración de varias directivas por parte da empresa que xestiona a mina.
  comenta   0
Acusan a Cobre San Rafael de usar este xornal para "mentir" sobre o plan mineiro e de tentar "desprestixiar os movementos que se opoñen ao proxecto".
  comenta   1
As plataformas veciñais 'Mina Touro-O Pino Non' e 'En defensa da Ría de Arousa' convocan unha tractorada e unha concentración de protesta para o vindeiro domingo 25 de febreiro en contra do proxecto de mina de cobre.
  comenta   3
A asociación ecoloxista Verdegaia anuncia o seu apoio a esta acción, á que xa se sumaron diversos colectivos e organizacións, organizada pola Plataforma Mina Touro-O Pino Non .
  comenta   0
O Sindicato Labrego Galego advirte pide apoio á tractorada reivindicativa contra a mina convocada para o 25 de febreiro en Touro.
  comenta   1
A Asociación Aldea Vida denuncia un novo episodio de contaminación nesta zona. Tamén critica por partidista a campaña de recollida de sinaturas do BNG contra a mina de Touro.
  comenta   3
A intervención de Rosa Quintana no Parlamento, na que defendeu a "rigorosidade" do proceso de autorización, acende as críticas de asociacións e partidos da oposición. A conselleira non ten competencias directas para decidir sobre a mina.
  comenta   0
Investigadores da Universidad Complutense de Madrid e do CSIC fixeron un estudo nesta canteira para a optimización da explotación de áridos destinados a construción e obra civil. Os resultados preséntanse en plena polémica pola posible reapertura da actividade extractiva de cobre, que suscitou unha avalancha de críticas.
  comenta   3