A contaminación por nitratos na Limia e a Baixa Limia é un grave problema medioambiental que afecta á saúde das persoas. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil redactou hai xa máis dunha década un informe para declarar masas de auga afectadas os acuíferos da comarca e o encoro das Conchas. O Goberno de Rajoy paralizou a declaración que, tres anos despois da entrada no Goberno do PSOE, segue gardada nun caixón. Namentres, a Xunta continuou a autorizar novas granxas e a conceder ampliacións.
  comenta   0
O Goberno galego di que está "a procurar solucións que minimicen o impacto ambiental" que xeran os excrementos das grandes industrias cárnicas, especialmente, na Limia.
  comenta   0
As macrogranxas cárnicas industrias comezan a ser un problema medioambiental. A falta dunha política de depuración dos milleiros de toneladas de residuos pode provocar que se repitan episodios como os vividos en Santiago. “E o que aconteceu en Santiago é irrisorio en comparación co que pasa na Limia”, apunta os ecoloxistas que falan xa dunha auténtica e nova "burbulla" económica, a das macrogranxas, a punto de estoupar.
  comenta   0
Co lema "A Limia non atura máis xurros" asociacións ecoloxistas deron voz ao problema da contaminación nesta comarca. Defenden que Coren debe reducir a carga gandeira e que a Xunta debe declarar zonas vulnerables por nitritos.
  comenta   0
A empresa cárnica pídelle un millón de euros por denunciar a contaminación xerada na Limia pola sobreexplotación gandeira. Greenpeace denuncia as prácticas abusivas de Coren e lembra que a carga gandeira da comarca creceu un 114%, mentres que a poboación diminuíu un 19%.
  comenta   0
43 colectivos asinan un manifesto en apoio a Manuel García, activista do MEL (Movemento Ecoloxista da Limia) citado a un acto de conciliación no xulgado polas súas denuncias contra esta empresa, que lle pide un millón de euros por "prexuízos".
  comenta   0