O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, puxo en valor dúas cuestións: o incremento da cota de bacallau na zona coñecida como Flemish Cap e a reapertura da pesca do bacallau na zona dos grandes bancos de Terranova tras 32 anos de moratoria.
  comenta   0
Así se acordou na 46ª reunión anual da Organización de Pesqueiras do Atlántico Norte (NAFO), que autorizou a pesca de bacallau na división 3L, que se corresponde coa porción norte en augas internacionais dos Grandes Bancos de Terranova, tras 32 anos de moratoria e de confirmarse o seu proceso de recuperación.
  comenta   0
A campaña desenvolverase ata o 27 de agosto, cando o Vizconde de Eza iniciará a ruta de retorno cara ao porto de Vigo e de por finalizada a tempada de campañas na área de regulación NAFO para o ano 2024.
  comenta   0