A organización da liga profesional de fútbol (LaLiga) dispuxera o pasado maio, como adoito todas as tempadas, que nas dúas derradeiras xornadas das dúas divisións que organiza todos os partidos nos que se decidise un ascenso, descenso ou promoción se xogaran á mesma hora.
  comenta   0
As investigacións iniciáronse a instancias do Concello da Coruña. A alcaldesa manifestou o seu "máximo respecto" pola actuación da Xustiza.
  comenta   0
O club lamenta o "nulo interese" polos seus casos de coronavirus e afirma que "todos" os integrantes da súa expedición viaxaron con PCR negativa. O CSD, molesto por non recibir aínda o informe de LaLiga polo 'caso Fuenlabrada'. Alcalde de Fuenlabrada di que o club seguiu "ao pé da letra" protocolos e lamenta "acusacións inxustas"
  comenta   0
O presidente da LaLiga sae en defensa do Fuenlabrada e desoe as críticas do Dépor e do Concello da Coruña. Asegura que a última xornada de Segunda "non se vai a repetir".
  comenta   0
Unha marcha cívica percorreu Cangas para pedir "xustiza para as vítimas contaxiadas e falecidas en centros residenciais".
O último reconto da Fiscalía revela 17 casos penais abertos en xeriátricos e preto de 140 dilixencias en trámite. En Galicia, só o xulgado de Cangas mantén abertas dilixencias previas polo acontecido na residencia de DomusVi Aldán.
Afirman que houbo tamén "denegación de auxilio, omisión de socorro con resultados de mortes e lesións” que se fixo "de forma dolosa e con prevaricación”.
  comenta   0
GC tenta reconstruír os últimos momentos de Fani, embarazada de máis de oito meses. Non é unha crónica sensacionalista, nin un fake. Falamos con amigas, falamos con familiares e están de acordo no ton e no enfoque desta reportaxe. Fani foi dar a luz ao materno infantil da Coruña e xa non volveu. O informe oficial di que morreu de COVID-19 e unha “patoloxía crónica”. A familia nega que exista patoloxía crónica e asegura que non tiña ningún síntoma da enfermidade ata que acudiu ao hospital.
  comenta   10
Di que, Galicia, xunto con Madrid e Andalucía, é a peor autonomía na xestión das Uxencias sanitarias e a sexta máis denunciada en casos de neglixencias médico-sanitarias.
  comenta   0
O incendio, que afectou a unha superficie de 0,1 hectáreas de monte arboledo, foi provocado "por unha neglixencia durante o lanzamento de foguetes de artificio".
  comenta   0
"Non esquezamos que é posible que o asasino ou os asasinos convivan entre nós sen que o saibamos", di Jesús María Pérez. A familia esixe xustiza no caso.
  comenta   0
Augas de Galicia propón unha multa de ata 30.000 euros polas verteduras de augas residuais ao río Brandelos. O xulgado de Arzúa solicita informes en relación ás balsas e a drenaxe áceda.
  comenta   0
Finalmente terei que aplaudir a Abel Caballero, pero non como xestor dun concello, (que iso é un alcalde a fin de contas), senón como un artista, porque unha vez máis dá mostras de ser un vello raposo político que utiliza a arte do escapismo como ningún outro, facendo a competencia ao máis afamado ilusionista, Houdini.
  comenta   0
A viguesa Charlotte Goiar, que sofre a Síndrome de Harry Benjamin, pide que se especifique unha data para a que será a súa sexta operación
  comenta   0
Foi o Defensor do Paciente quen interpuxo a denuncia por mala praxe médica. A súa filla percibirá 12.000 euros de indemnización.
  comenta   2
Un veciño de Brión quedou cunha minusvalía dun 33% por non ser operado a tempo dunha lesión de hernia discal. O Defensor do Paciente di que este caso demostra unha "vez máis" a xestión "inadecuada" das listas de espera.
  comenta   0
A Asociación Defensor do Paciente critica que o centro hospitalario aconsellou a un home afectado dun problema cardíaco grave que regresara a Gudalaxara para consultar cos seus médicos.
  comenta   0