Así o reflexa o estudo do Observatorio da Cultura Galega con respostas de 960 entidades do sector. Séguenlles: Yolanda Castaño, co Premio Nacional de Poesía e a publicación de 'Materia' (5,5 %), e a película 'As bestas', de Rodrigo Sorogoyen (5,5 %).
  comenta   0
A organización anuncia tamén que nos próximos días comunicarán as primeiras novidades da próxima edición, "que promete ser a máis grande e exitosa da existencia do evento ata o día de hoxe".
  comenta   0
Facua Galicia indicaba nun escrito de denuncia que a organización reincidía "en incluír cláusulas abusivas que prexudicaban aos asistentes".
  comenta   0
"Santiago, como centro de Galicia e capital, era o lugar idóneo. E O Monte do Gozo é a ubicación que reúne todos os aspectos necesarios para acoller a tanta xente", di Carlos Rodríguez, codirector do festival.
  comenta   0
O grupo Coren pon en marcha a súa nova “food truck”, un camión de comida acondicionado como escaparate dos produtos Coren e destinado á participación en festivais e todo tipo de eventos.
  comenta   0
Aínda que aseguran que as expectativas son "boas" en canto ao movemento de visitantes na cidade, matizan tamén que isto leva "certa preocupación" polo mal funcionamento dalgúns servizos "que se agravarán estes días".
  comenta   0
Apunta a "alternativas" como redución de aforamento ou PCR para poder manter a celebración de concertos como os de O Son do Camiño
  comenta   0
Unha iniciativa en 'Change.org' suma firmas para que se aclare a situación e que se inicie a devolución dos cartos dos abonos e entradas. O alcalde de Santiago considera que se trata dun asunto "delicado" e dá por feito que "se está xestionando".
  comenta   0
Oito músicos protagonizan o espectáculo único “Cantando as corenta” para celebrar os 40 anos do Festival Pardiñas de Guitiriz. Un festival que, a diferencia de macrofestivais como o Son do Camiño, non conta cos millóns de euros que lle dá a Xunta.
Fai unhas semanas celebrábase o Son do Camiño un macrofestival financiado con 2'5 millóns de euros pola Xunta. Lonxe deste modelo quedan iniciativas como 85C en Vigo, onde se fai un esforzo porque o cartel sexa integramente feminino ou o Osa do Mar en Burela, unha experiencia única dentro da Mariña Lucense. Son pequenos festivais musicais que serven para dinamizar comunidades rurais ou para impulsar unha música alternativa allea ás multinacionais do sector.
  comenta   0
A catalá revelou, no festival O Son do Camiño, que fixo o Camiño soa desde Roncesvalles ata Finisterre.
  comenta   0
A Xunta de Galicia financia con 2'5 millóns O Son do Camiño, un festival de música que pretende igualarse cos grandes festivais do resto de Estado aínda que a súa competencia en ningún caso conta cunha inxección de cartos públicos tan grande. Pola súa banda, o Festival Arteficial de Ribadavia perdeu a axuda que a Administración galega levaba proporcionándolle os últimos anos. Por outra banda, eventos como o FaCeLa Fest debe convivir co Caudal Fest, outro festival enorme que non compite en igualdade de condicións.
  comenta   0
Black Eyed Peas, Iggy Pop, David Guetta, Die Antwoord, Rosalía, Bastille, Vetusta Morla, Bloc Party, Richard Ashcroft, Iván Ferreiro e Familia Caamagno son algúns dos grupos que se poderán ver.
  comenta   0
Fronte ás críticas do PP sobre o dispositivo, o consistorio alega que a suspensión do bus lanzadeira foi decisión da Policía Nacional.
  comenta   0
O sábado actuarán en Santiago Lenny Kravitz e Martin Garrix, mentres que o venres o festival acollerá aos británicos Jamiroquai.
  comenta   0
A Xunta di que se venderon 20.000 entradas nunha hora e que outras 5.000 quedaron para taquilla. “Isto parece un éxito”, asegura o presidente galego, que insiste en defender a legalidade do proceso de concesión, porque non foi un concurso público, "senón un patrocinio".
  comenta   3