"A día de hoxe temos unha situación de desabastecemento de medicamentos moi grande en todas as farmacias galegas", advirte María José García, presidenta da Federación de Farmacias de Galicia, que lamenta que "hai xente que está verdadeiramente desesperada, porque se atopa en tratamento continuado e non lle podemos dicir cando imos recibir o seu fármaco".
  comenta   0
Martín Barcala Furelos, investigador na USC, advirte de que, "dous terzos da poboación infanto-xuvenil non cumpre coas recomendacións mínimas diarias de actividade físico-deportiva da OMS, é dicir, non fan unha hora diaria de actividade físico-deportiva a unha intensidade entre moderada e vigorosa", o que equivale "á diferenza entre coller o ascensor ou subir polas escaleiras".
  comenta   0
Un grupo de investigadores do IDIS acaba de publicar un traballo no que apuntan ao xene PTK2B, que produce a proteína Pyk2, como posible predictor do desenvolvemento de obesidade en nenos, o que aumenta a súa prevalencia tamén na idade adulta.
  comenta   0
Expertos en nutrición vencellan a alta lonxevidade da poboación galega ao valor nutricional da alimentación tradicional e á calidade do noso estilo de vida.
  comenta   0
Entre eles, moitos que conteñen graxas saturadas e azúcre. Unha dieta pouco saudable e a falta de exercicio provocan o envellecemento do corazón.
  comenta   0
Así o sinala un estudo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que apunta que a obesidade pasou do 7 % ao 16 %.
  comenta   0
Vivimos cun sistema alimentario que non funciona ben. Necesitamos cambialo urxentemente para axudar ás persoas e ao planeta. Case mil millóns de persoas pasan fame todos os días, porén no mundo prodúcese suficiente comida para máis de sete mil millóns de persoas. Ademais, preto de mil millóns de persoas teñen obesidade ou sobrepeso, e desperdíciase o 30% da comida mundial. O problema non é producir máis comida, é producila nos lugares onde máis se necesita, sen danar a natureza.
  comenta   0
Un estudo levado a cabo por un grupo de investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) sinala que a dieta atlántica podería reducir "significativamente" a incidencia da síndrome metabólico e, con iso, o risco de sufrir enfermidades como a diabetes ou a cardiopatía coronaria.
  comenta   0