O Tribunal Constitucional (TC) rexeitou no seu Pleno deste mércores o recurso contra a Lei da Eutanasia (LORE) presentado polo PP, como xa fixese o pasado marzo co de Vox, baseándose igualmente en que non hai "obrigación de manterse con vida", aínda que respondeu a algunhas cuestións novas para limitar a obxección de conciencia aos profesionais sanitarios fronte á petición dos 'populares', que expuñan estendela ás persoas xurídicas.
  comenta   0
Francisco Leira é o coordinador do libro 'El Pacifismo en España' onde se recollen textos de diferentes autores e autoras reflexionando sobre o movemento pacifista en todo o Estado. É un libro interdisciplinar que recolle posturas sobre o pacifismo desde perspectivas como a política ou a sociolóxica. Por outra parte, indicar que os dereitos de autor irán para unha ONG a favor do pacifismo.
  comenta   0