Un operativo da Policía Nacional para desarticular un punto negro de venda de drogas no barrio vigués de Teis saldouse con seis persoas detidas, tres homes e tres mulleres, e practicouse un rexistro nun piso, no que se interviñeron diversas cantidades de droga e diñeiro en efectivo.
Hai un total de 135 letrados galegos que colaboran neste servizo de asesoramento e orientación xurídica para casos de cidadáns en risco de perder a súa vivenda por unha execución hipotecaria ou a propietarios afectados por ocupacións.
  comenta   0
O grupo municipal do Partido Popular de Ourense denunciou a "falta de seguridade" na contorna do barrio da Ponte e, en concreto, na rúa Río Arnoia, pola 'okupación' dunha nave "dependente do Goberno de España".
  comenta   0
Segundo os particulares que deron o aviso, as chamas afectan principalmente ás plantas superiores.
Dous xemelgos okuparon hai 15 anos o único inmoble da parroquia de Barcela, do que hoxe se proclaman lexítimos herdeiros e que un grupo de veciños tentou calcinar en 2013.
As cámaras de seguridade do local permitiron aos axentes da Policía Local e da Garda Civil identificar o autor do roubo, veciño de Sanxenxo e con antecedentes por feitos similares en locais do municipio, e detelo poucos minutos despois camiño a un domicilio no que vive como okupa.
  comenta   0
Desde o consistorio explicaron que técnicos de Medio Ambiente, Servizos Sociais, Urbanismo e bombeiros acudiron esta mañá ao inmoble para comprobar a súa seguridade e impedir desprendementos e situacións potencialmente perigosas, ante a "ausencia de medidas" por parte do propietario da vivenda ao que se lle require "desde 1999" que actúe respecto diso.