Advirte dun cambio nas organizacións criminais con respecto ás dos anos 80 e 90, pois agora combinan as súas colaboracións ocasionais para "poder culminar" operacións concretas.
  comenta   0
Así, a Universidade organizará seis cursos, dous deles impartidos en Vigo e os outros catro no campus de Ourense. Estes centraranse en tecnoloxías de dixitalización aplicadas á loxística industrial, na innovación no modelo de negocio da nova mobilidade, na transformación áxil das organizacións, nas infraestruturas de datos aplicados ao sector do transporte, na dixitalización do sector e loxística e na comunicación dixital para a mobilidade.
Os traballadores de Navantia xa rexeitaron en xuño, tras un referendo celebrado en todos os centros de traballo da compañía, tanto o convenio colectivo como o plan estratéxico da compañía pedindo "cambios significativos" en ambas as propostas, pero pedindo unha xornada de reflexión, que desde as organizacións sindicais consideran que se pechou co rexeitamento á proposta de Navantia.
  comenta   0
Púxose tamén a disposición de organizacións de axuda humanitaria despregadas na rexión para ofrecer a súa potencial contribución de roupa, calzado e produtos de fogar.
  comenta   0
Sandra Reyes e Modesto Ochoa, activistas ambientais de Honduras, intercambiaron experiencias con representantes de varias organizacións de defensa da terra e coa veciñanza de Touro
  comenta   0
A Xunta propuxo ás organizacións sindicais iniciar as negociacións para conseguir melloras laborais no ámbito social. Así llo trasladou o director xeral de Función Pública, José María Barreiro, aos participantes este martes na comisión de persoal.
  comenta   0
Tiñan estaleiros clandestinos para construír os semisumerxibles ao servizo de diferentes organizacións de narcotráfico
Borja San Ramón: "A alternativa que queremos construír non se limita ás organizacións políticas, nin ás alianzas entre partidos, senón que a nosa alianza principal debe ser coa xente"
  comenta   1
Fundación para a Diversidade anunciou a lista curta, e a Universidade competirá co Ajuntament de Barcelona e RTVE
  comenta   0
A marcha, que conta co apoio de máis dun centenar de entidades (con representación política, sindical e de organizacións memorialistas), saíu ás 12,30 horas da Praza de María Pita
  comenta   0
A propia secretaria de Estado de Función Pública recoñeceu reunións celebradas "por detrás" cos devanditos sindicatos estatais, "ignorando a organizacións sindicais que, como a CIG ou ELA, forman parte da Mesa e teñen a consideración de máis representativas".
  comenta   0
A importancia do nacemento do Bloque Nacionalista Galego (BNG) en Setembro de 1982 residiu na súa condición de acontecemento fronteirizo entre dúas épocas da historia do nacionalismo galego contemporáneo. Antes desa data, xa existían diversas organizacións políticas nacionalistas (PSG, UPG, ANPG...) e, posteriormente, tamén se mantiveron vivas outras expresións partidarias (EG, UG, FPG...). Foi na década dos 90 cando se rexistrou unha converxencia orgánica substancialmente diferente ao que se tiña coñecido anteriormente: daquela, o proceso iniciado no outono de 1982 acadou unha dimensión inédita coa presenza activa dun abano plural de colectivos e persoas.
  comenta   0
O obxectivo é abordar "os pasivos ambientais herdados da antiga mina", que cesou a súa actividade hai 35 anos conforme "ao estándar ecolóxico da época, moi diferente".
  comenta   1
A Mesa e outras organizacións veñen de concentrarse en Madrid para recordar que esta norma "non responde á igualdade entre a cidadanía", e que "a presenza de linguas distintas do castelán será testemuñal". O BNG votará 'non'.
  comenta   0
O xefe de Gabinete de Quintana asume a Dirección Xeral de Pesca; e cambia a estrutura de Educación: Mira dirixirá FP e Judith Fernández, Ordenación e Innovación Educativa.
  comenta   0
O Real Decreto-Lei 6/2022, pendente de convalidación no Congreso, limita a participación cidadá e as esixencias dos estudos de impacto ambiental e sobre o patrimonio cultural, denuncian as organizacións.
  comenta   0
Un xulgado de Vigo ordenou o precinto, clausura e o cesamento de actividade de dous domicilios que actuaban como casas de citas.
A liberdade de prensa e a liberdade de expresión son piares fundamentais dun estado democrático. O feito de votar cada certo tempo convértese nunha pantomina si as persoas, os partidos políticos e as organizacións sociais non teñen a posibilidade de dirixirse á cidadanía, si non existen medios de comunicación libres e plurais que difundan as reflexións, as novas, as reportaxes e as investigación que nos axuden a formar opinión e tomar as nosas propias decisións.
  comenta   0
Un total de 26 organizacións demandan que o PSOE e Unidas Podemos se boten atrás no que consideran "un paso adiante na consolidación da cultura de abuso de poder e impunidade denunciada polo Consello de Europa".
  comenta   0
O dirixente agrario avanzou que se vai a tratar de coordinar con outras organizacións agrarias que haxa un calendario de protestas que vaia no mesmo sentido e de forma coordinada.
  comenta   0
Nun prazo breve de tempo, ao longo do presente ano, van ter lugar os Congresos ou Asembleas das organizacións políticas que conforman, actualmente, o Parlamento galego.
  comenta   0
As organizacións empresariais non apoiarán o acordo. Calviño matiza a Unidas Podemos e di que "polo momento non hai ningún acordo".
  comenta   0
Están orientadas as organizacións de produtores pesqueiros para que poidan preparar e aplicar os seus plans de produción e comercialización.
  comenta   0
Verónica Pichel é a primeira alcaldesa socialista do seu concello. Gonzalo Caballero subliña que é "unha persoa con gran proxección no partido".
  comenta   1
Chega o 25 e con el a celebración do Día da Patria Galega, Día Nacional de Galicia ou Día de Galicia, que coas tres denominacións son convocadas concentracións para festexaren unha data moi significativa no calendario sentimental dos galegos e galegas. Galicia enteira acudirá aos chamamentos que fan partidos políticos e sindicatos. En todos eles apelarase á galeguidade con cadanseu matiz. Mais o que nos debe preocupar é que todos os discursos que se pronunciarán teñen algo en común: a retórica da abstración, máis ou menos cargada de bombo.Galicia non pode ser unha abstración. É unha Terra que se ve, que se ole,que se apalpa… dixo Vicente Risco. O Foro E. Peinador hai ben anos que ben dirixíndose aos cúmios das organizacións convocantes para que concreten a idea de Galicia que lles queren transmitir ás súas hostes. Nese intento non tivo nunca éxito. O pedimento que se lles fixo caeu en saco roto. Débelles parecer unha nimieza ou impertinencia dirixírse aos seus seguidores instándoos a escolleren preferentemente produtos galegos no seu consumo cotiá. O razoamento de tal solicitude está debidamente xustificado: as industrias agroalimentaria precisan de consumidores que as fagan viables e non sucumban ante a voraz competencia de produtos foráneos que atopan nas grandes superficies e supermercados todas as facilidades para a comercializan dos seus produtos que se lles negan aos nosos. Hanse referir os que pronuncian os discursos conmemorativas, como é costume neles, a nosa condición de nacionalidade que sofre as políticas marxinadoras do Estado. Non seremos nós os que neguemos que así é. Pero reprochámoslles aos concelebrantes a perversa disociación das características que definen a nacionalidade. Castelao, a quen se citará en todos os actos, enumerou as características de Galicia: idioma, territorio e vida económica propia, amais dos hábitos sicolóxicos refletidos nunha comunidade de cultura. Características indisociables. Mais o certo é que cadaquén, esgazando a unidade que conforman todas, adoitan facer fincapé nun ou noutro aspecto segundo lles conveña ao seu credo político. O máis que poden facer é utilizar os catro conceptos para arrebolarllelos aos contricantes criticándolles as súas políticas. Ninguén apela á galeguización da economía, por exemplo. O Foro E.Peinador na misiva que lles enviou ás organizacións políticas e sindicais dílles que “a economía debe ser galeguizada, nomeadamente no ámbito agroalimentario. As explotación agrícolas e industrias de transformación do sector precisan do apoio dos consumidores para sobreviren e producir fixación de poboación no rural. Por idénticas circunstancias de dificultades pasa o noso idioma, que non acaba de ter a presenza que debera ter nos ámbitos sociais e económicos. Os nosos produtos e lingua galega porecisan do apoio dos consumidores para afortalaren es alianza estratéxica que define a Galicia como nacionalidade”. As organización receptoras do chamamento deberían practicar unha política pedagóxica de rente o chan, chamándolle ao pan pan e o viño viño; é dicir, “consideramos oportuno que desde as tribunas dos oradores se lles demande ao asistentes, de maneira expresa, clara e contundente, que nas compras cotiás elixan produtos etiquetados en galego. Porque deste xeito os consumidores terán a oportunidade de manifestaren un galeguismo verdadeiramente transformador”. De non mudaren o discurso, o demais é falar por falar. Hai que superar a diglosia no consumo. E un derradeiro prego, agora dirixido aos militantes máis conscientes desas formacións sindicais e políticas: demándenlles aos seus dirixentes que nas convocatorias do próximo día 25 se pronuncien sobre este asunto tan decisivo para nós coma pobo. A unidade fai a forza. Ramón Cabanillas, o noso poeta máis reivindicativo expresouno poeticamente nestes versos: “ Galicia, Nai e Señora, sempre garimosa e forte: preto e lonxe; onte, agora, mañá...na vida e na morte!
  comenta   0
As dúas organizacións comprométense á colaboración no desenvolvemento de proxectos de produción audiovisual e dixital.
  comenta   0