Nunha entrevista sobre a lei do litoral de Galicia, recurrida polo Goberno ante o Tribunal Constitucional, Villares asegurou que "o TC vai dicir o que lle diga o Goberno". "Un conselleiro non pode dicir iso sen dimitir", asegura o deputado do PSdeG Pablo Arangüena.
  comenta   0
O deputado do PSdeG Pablo Arangüena tacha de "primarias fantasma" o proceso do partido ao "non estar convocadas" nin haber un calendario fixado, máis aló da data do 17 de setembro. "Non é serio anuncialas e cando queda menos dun mes que esteamos así", advirte.
  comenta   1
O socialista Pablo Arangüena apuntou á Consellería de Medio Ambiente como principal responsable da "malleira xudicial" que reciben por parte do alto tribunal galego "ao omitir a normativa ambiental elemental".
  comenta   0
O socialista Pablo Arangüena acusa á Xunta de agochar o expediente dos contratos, fraccionados en tres partes para conceder tres contratos menores “a dedo” e “inflar á ultradereita”
  comenta   0
O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, reclamou ao socialista Pablo Arangüena que retirase o cualificativo que uso para referirse ao presidente da Deputación de Ourense.
  comenta   0
O deputado socialista Pablo Arangüena acusou á Xunta de facer obras de peonalización "a medida dos Baltar". "Vai da porta de Baltar pai á do fillo", sinalou en referencia a parte do tramo en construción.
  comenta   0
O executivo autonómico xustifica o investimento como "promoción turística". Para o PSdeG, trátase dunha mostra da "falta de criterio e transparencia" nas actuacións da Xunta.
  comenta   0
Pablo Arangüena sinala que na Administración galega "están a incumprirse, reiterada e sistematicamente, principios elementais da contratación administrativa".
  comenta   0
A contorna de Formoso lembra a Caballero que o grupo parlamentatio debe asumir as resolucións da dirección. Blas García di que o secretario xeral electo "non aplica o rodete" e Arangüena fala de "campaña sistemática de acoso a Gonzalo Caballero".
  comenta   0
Fontes da dirección do PSdeG destacaron o "éxito da apelación á unidade e a integración feita polo secretario xeral" de cara ao congreso de Valencia, na medida na que todo o partido está a traballar para fortalecer ao proxecto de Pedro Sánchez e do Goberno que encabeza.
  comenta   0
O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, asegura que "querer a Galicia tamén é respectar o Estatuto de Autonomía e a Constitución, e non saltarse as leis como fai o PP".
  comenta   0
O viceportavoz do PSdeG no Parlamento galego, Pablo Arangüena, recolle as cifras de Augas de Galicia e asegura que a situación empeorou en 2020, a pesar da paralización de actividades económicas pola pandemia.
  comenta   0
O PSdeG acusa o PP de fomentar os "insultos machistas" para "ter a Vox no Parlamento galego" e denuncia o "desprezo" do alcalde de Vilanova á sentenza que o condena por "insultar" a presidenta da Deputación de Pontevedra.
  comenta   0
O viceportavoz do PSdeG no Parlamento, Pablo Arangüena, sinalou sobre a visita de Pontón que "esperamos que rectifique a posición do seu partido respecto dos fondos Next Generation, aos que o BNG se opuxo por consideralos centralistas".
  comenta   0
"A ninguén lle escapa que estamos nunha crise de gran envergadura e nese contexto é unha tomadura de pelo a xestión dos proxectos europeos que está a facer a Xunta de Galicia" declarou o vicesecretario xeral do PSdeG.
  comenta   0
"O único documento concreto que se presentou na comisión foi un papel que, se lle quitamos o índice e a portada, son 10 folios en letra grande que podería facer un estudante agudo de primeiro de económicas", ironizou o socialista Pablo Arangüena.
  comenta   0
O deputado Pablo Arangüena insta ao executivo galego que dea ferramentas para "impedir a consolidación" daquelas inmatriculacións desenvoltas pola Igrexa ante posibles reclamacións.
  comenta   0
Pontón volveu a propor un "gran acordo" pola reconstrución económica e social de Galicia. O socialista Arangüena anticipou que o PSdeG vixiará que Xunta deixe de "botar balóns fóra".
  comenta   0
Non pode ser que en cada rolda de prensa vaia pedindo, sen ningún tipo de dato ou argumento que o avalen, cousas que todos queremos e sabemos que se van producir", asegura o vicesecretario xeral do partido.
  comenta   3