“Eu son dos que, mirando ao mar, gustan de pensar a vida dunha maneira un pouco máis aberta do que suxiren os límites da “doxa”, e imaxinar se algunhas das ideas básicas dos nosos xeitos de vida resisten probas lóxicas, máis ou menos conceptuais. (...) Estou convencido de que é un bo exercicio persoal e intransferible para limpar os propios ollos cos que nos achegamos ao día a día, desde un sentido crítico e moita gana de que as cousas funcionen ben, en termos de que máis seres humanos teñan unha existencia mellor.”
  comenta   0
Fai anos o tecido asociativo era un terreo fértil, proliferaban asociacións de todo tipo e pelaxe, dende as xuvenís as de veciños, dende culturais a deportivas nas cales o principal movemento era mellorar as condicións de vida da xente. Era un motor de cambio e de avance da sociedade ben consolidado, con referentes e con capacidade de xerar tendencias
  comenta   0
Científicos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC) atopan nematodos nunca antes identificados nestas latitudes, tras analizar exemplares de dúas especies exóticas capturados en augas galegas.
  comenta   0
Un estudo científico confirma que as prevalencias significativas das xenoespecies patóxenas de Borrelia Burgdorferi detectadas nos carrachos de Galicia son máis altas que as atopadas previamente en España. Lugo é a provincia máis afectada.
  comenta   2