Ten 24 anos e traballa en Parga, Guitiriz, dando clases de inglés no instituto. Comezou a falar galego hai nove meses e xa o fala con moito xeito. "Hai que loitar polo galego", insiste.
Unha exposición percorre os centros educativos para coñecer a comunidade científica galega que deixou pegada en diferentes eidos.
  comenta   0
O Concello debe abonar máis de 100.000 ao exrexedor, unha cantidade que poría en dificultades o funcionamento do municipio.
O BNG lamentou que, ademais, tamén permanezan pechados os ambulatorios de Parga e Baamonde "usando como coartada a Covid-19".
A Academia recoñece así a súa “ampla e frutífera” traxectoria no eido da divulgación científica en Galicia, e en particular, o seu traballo pioneiro na creación de museos de carácter científico na comunidade galega e noutras rexións de España
  comenta   0
O principal aumento é na área de Pontevedra, con once novos castos. Tamén hai novos contaxios nas de Ourense, Ferrol e A Coruña.
  comenta   0
A apocalipse achégase…. E xa levamos miles de apocalipses…
  comenta   1
Veciños de Guitiriz reclaman a reapertura do consultorio de Parga, que leva un ano sen practicamente servizos.
O presidente da Deputación provincial dúbida que a súa clausura obedeza ao "interese público" e ve "un interese privado detrás"
Alfonso Fuente Parga renuncia á acta como concelleiro aludindo "motivos profesionais" para dimitir. A súa xestión estivo marcada pola acusación de prevaricación urbanística, delito do que finalmente foi absolto, en relación coa concesión dunhas 3.000 licenzas para a construción de vivendas no ano 2006.
Xa son 51 as aulas pechadas e dous os centros totalmente clausurados. Nesta mesma xornada, Galicia rexistrou o número de casos activos máis alto da historia.
  comenta   3
Advirte da "desertización de comarcas enteiras" polo "desmantelamento total" da industria, en liña co ocorrido nas centrais térmicas de Meiramma e As Pontes.
  comenta   0
O consultorio de Parga quedou en 'stand by' durante o estado de alarma e o Sergas anunciou que se recuperaría "parte da actividade asistencial", pero a atención médica será derivada a outro centro acusado pola saturación xa previamente. Os veciños recollen sinaturas e organízanse contra os recortes nos servizos sanitarios da vila.
A caída de árbores e gallas ás estradas e bolsas de auga foron as incidencias máis común ao longo do xoves.
  comenta   0
A plataforma Parga Non Se Divide aposta por sacar a vía do pobo e prescindir dun servizo deficiente que tan só ocasiona problemas.