Foi por volta de mediados da década dos anos oitenta que o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, que dirixía servidor, deu a coñecer unha iniciativa para galeguizar as festas populares.
  comenta   0
Pasou o día,pasou a romaría; e de hoxe nun ano. O dito repítese unha e mil veces cun certo aquel de tristura; tantas como festas se celebran durante o ano en Galicia. As máis delas cunha programación rotineira, sen ningún interese ou singularidade que as faga merecentes das atencións dos que buscan nelas a nota de orixinalidade. A falta de imaxinación da que fan gala os seus organizadores vai parella coa desmedida voracidade dos que miran nelas unha fonte inesgotable para faceren negocio. Refírome a esas empresas de espectáculos que ofrecen orquestras e atraccións desgaleguizadas.
  comenta   0
A conmemoración do aniversario do estreno do Himno Galego celebrado o 20 de decembro de 1917 no Teatro do Centro Galego d´A Habana, tráeme vellas lembranzas, que, malia o tempo transcorrido, teñen para min un especial significado polas impresións que me causaron, e pola transcendencia social e política que tiveron.
  comenta   0
Pascual Veiga púxolle música a un fermoso poema de Eduardo Pondal que falaba da “nazón de Breogán”.
  comenta   6