O presidente galego di que tivo relación co directivo como a tivo "a pasada semana co presidente entrante e saínte de Uruguai". "Ningún problema e ningún temor", dixo sobre este caso.
  comenta   1
Andrés Manuel López Obrador apuntou que os trámites corresponden agora á Fiscalía, que "está a facer o seu traballo moi ben".
  comenta   0
"O acordo de Barreras e os floteis non foi con este expresidente, senón co anterior", defende o presidente da Xunta, que atribúe as acusacións da oposición a motivos electorais.
  comenta   2
O exdirector xeral da petroleira estatal mexicana Pemex Emilio Lozoya Austin, impulsor da compra do estaleiro vigués Barreras por parte da petroleira mexicana, pasa este xoves a disposición da Audiencia Nacional tras ser detido por corrupción e fraude.
O PSdeG critica que a Xunta vive a golpe de "anuncios mediaticos" como o "fracaso de Pemex". A Xunta di que aprobou préstamos por valor de 6,2 millóns a favor de 11 empresas do naval de Vigo e Ferrol.
  comenta   1
Decenas de persoas congregáronse ante o estaleiro vigués nunha nova concentración convocada pola CIG para reclamar unha intervención do Goberno galego no mesmo que permita manter a carga de traballo.
As referencias a Vox volven ao hemiciclo galego trala súa entrada na Mesa do Congreso. Tamén se falou da "crise" na sanidade galega.
  comenta   0
Francisco Conde constatou que a petición da disolución xudicial da sociedade permitirá dispor de "tempo" para atopar unha solución "razoable".
A industria auxiliar afectada pola crise de Barreras acordou unanimemente dar "un paso adiante" para desbloquear a situación e negociará con Pemex (accionista maioritario da empresa a través da súa filial PMY) para "tomar o control" do estaleiro, ben mediante a súa entrada no accionariado ou ben mediante a cesión de dereitos políticos para ter "capacidade de decidir".
Asime volve urxir solución á crise de Barreras e constata que varias auxiliares están "preto" do preconcurso. Os sindicatos confirman que falta "liquidez" nas empresas.
O secretario xeral da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime), Enrique M. Mallón, defendeu a "legalidade" da entrada de Pemex no accionariado de Barreras ante a revisión de contratos da empresa mexicana anunciada polo Goberno do país latinoamericano.
Hai cinco anos o director xeral de Pemex anunciaba un megaproxecto para Punta Langosteira xunto co presidente da Xunta. Un proxecto que acaba de ser finiquitado. A Coruña non acollerá a "maior base loxística" desta empresa en Europa.
  comenta   1
Nin haberá base loxística en Punta Langosteira nin Barreras construirá un segundo flotel en Vigo, como anunciara o Goberno Galego.
  comenta   1
A comunidade atrae xa ao 60% de todas as inversións do Estado. As exportacións o pasado ano superaron os 200 millóns e se intensifican os acordos comerciais e educativos.
  comenta   6
Terceira e última achega da serie de artigos de análise sobre o novo dono de Barreras. Petróleos Mexicanos é considerado a "caixa chica" de políticos daquel país. O seu sindicato recibe ademais millóns de euros para dispendios, impón a contratación dos seus traballadores a navieiras privadas e o seu secretario xeral é acusado de nepotismo.
  comenta   3
A mala xestión de Petróleos Mexicanos, en creba técnica, as irregularidades nas contratacións, a polémica e frustrada experiencia da paraestatal mexicana como accionista de Repsol e a súa teima por tomar a tecnoloxía doutras empresas poñen en dúbida as súas intencións para co estaleiro vigués Hijos de J. Barreras. GC ofrece as claves da estratexia agresiva de Pemex para levar o estaleiro galego a México.
  comenta   1
GC inicia a publicación dunha serie de artigos de análise sobre Petróleos Mexicanos (Pemex), a empresa paraestatal que se fará co control do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras, a maior factoría naval privada de Galicia. Os correos da axencia Stratfor desvelados por WikiLeaks mostran as eivas do novo actor clave do naval galego.
  comenta   10