Os resultados dun estudo do Centro de Investigación Forestal CIFOR-INIA sobre lumes forestais cuestionan a campaña do 'lobby' galego da madeira difundida en xornais como Faro de Vigo e La Voz de Galicia a prol do eucalipto. Os datos mostran que esta especie ten unha alta taxa tanto no número de incendios como na superficie arborada queimada no país, só por detrás do piñeiro bravo. Piñeirais e eucaliptais suman o 81 por cento dos incendios e o 88 da superficie arrasada en áreas arboradas. GC presenta os datos completos que non aportou o sector forestal galego na súa campaña nos medios tradicionais.
  comenta   28
O produto é presentado na revista científica 'Journal of Applied Phycology' por investigadoras do Campus Terra, da Universidade de Santiago.
  comenta   0
Científicos da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo estudan a viabilidade de usar restos de corta para producir enerxía eléctrica.
  comenta   1
Eva Prada demostra na súa tese de doutoramento que as poboacións atlánticas son máis sensíbeis que as continentais a xeadas inesperadas, pero poden verse favorecidas “nun escenario máis competitivo” como o derivado do aumento das temperaturas.
  comenta   0