O xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra ditou auto declarando en situación legal de concurso voluntario de acredores á téxtil galega Pili Carrera, que recoñeceu unha masa pasiva de 5,1 millóns de euros.
  comenta   0
A firma de moda infantil tomou esta decisión ante a imposibilidade de "facer fronte ás obrigacións contraídas cos seus acredores nos prazos acordados" nunha "contorna complexa e competitiva".
  comenta   0
A dirección da empresa de moda infantil anunciou que retira a proposta de Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) que anunciara esta semana. Adoptará outras medidas de tipo organizativo e non laboral.
  comenta   0
Están afectados 120 empregados do centro de produción de Mos. A empresa garante que non deslocalizará produción.
  comenta   0
Continúa a crise do sector téxtil galego tras a decisión desta empresa de impulsar un Expediente de Regulación de Emprego Temporal (ERTE). Os sindicatos din que "non hai problemas económicos" senón que o que hai é "un problema de fondo, un problema estrutural organizativo".
  comenta   0