Chama a declarar tamén como testemuñas ao que foi secretario xeral dos populares composteláns e a un ex-tesoureiro no período no que se fixeron até 17 ingresos en efectivo na conta do Partido Popular na capital galega e cuxo importe ascende a 26.970 euros.
  comenta   0
Di que deste xeito se evitan “decisións en cadea” que afectan a investigados, como é o caso de Louzán. Evita dar a súa opinión sobre a críticia de dous maxistrados á xuíza.
  comenta   3
O xurista critica as presións sobre a titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara Cifuentes, que instrúe macrocausas como a 'Pokémon' e a 'Carioca'. A secretaria xeral de Igualdade tamén sae en defensa da maxistrada e considera "lamentables" as descualificacións que recibe.
  comenta   0
O Consejo General del Poder Judicial, o órgano de goberno dos xuíces, non ten aberto ningún expediente nin impuxo ningunha sanción aos maxistrados que descualficaron a súa compañeira Pilar de Lara e ao xefe de Vigilancia Aduanera. Así o indicaron fontes oficiais do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia onte a GC.
  comenta   3
A revelación de que dous xuices amenazaron a instrutora da Pokemon non desata gran solidariedade entre os partidos galegos. O PP evita o tema e o resto pídelle a maxistrada que apure na instrución da multitude de causas que ten abertas.
  comenta   3
Unhas conversas publicadas hoxe mostran até que punto Pilar de Lara, a xuíza que instrúe as operacións anticorrupción máis importantes de Galicia e que pretende imputar a Alberto Nuñez Feijóo, sofre presión por parte dalgúns dos seus compañeiros da carreira xudicial. “Vaille caer un carallazo porque o ten merecido” e “tola perdida” son algúns dos cualificativos que recibe por parte de dous xuíces nunhas conversas intervidas por Vigilancia Aduanera.
  comenta   1
Un comportamento “grave, gravísimo”, sen precedentes en Galicia e que vulnera o secreto profesional. Evaristo Nogueira, presidente do Consello da Avogacía, cualifica nestes duros termos un rexistro ordenado pola xuíza Pilar de Lara. Acúsana de incautar sen permiso o disco duro dun avogado. Fontes da investigación negan as acusacións e revelan a GC que o avogado en cuestión é o letrado de Nene Barral, un dos homes claves na relación do PP co contrabando.
  comenta   5
Este municipio sufragará a Pokemon Go Race dentro das actividades do Encontro da Mocidade de Dodro.
  comenta   0
A xuíza do caso Pokemon cita a declarar á dirixente popular a ptetición do sindicato Manos Limpias. Este venres declaran como imputados varios ex altos cargos do PP asturiano.
  comenta   0
O presidente do alto tribunal galego, Miguel Ángel Cadenas, espera que a instrución da Pokémon remate en breve porque “non é o conveniente para unha persoa que leve cinco anos imputada”.
  comenta   0
Axentes de Vixiancia Aduaneira realizaron un operativo neste municipio gobernado polo BNG dentro da Operación Pokemon. Por outra banda, o TSXG confirma o procesamento da parlamentaria do PP, Soledad Piñeiro por presunta prevaricación.
  comenta   9
Vixilancia Aduaneira sospeita do pago de excursións escolares en Pontevedra. Os axentes investigan porque se desagregou o prezo de 17 desprazamentos en autobús de alumnos de colexios locais á estación potabilizadora na parroquia de Lérez. Tamén as xuntanzas que mantivo o alcalde e cargos do BNG con representantes de Aquagest-Viaqua.
  comenta   6