A conselleira de Política Social e Igualdade asegurou que a Xunta cumprirá a lei, pero insistiu en que Galicia non dispón "dunha soa praza residencial para acoller a un menor máis" ao ter "unha sobreocupación do 108%".
  comenta   0
A deputada nacionalista Noa Presas declarou que: "As mulleres temos que ser criticads polo que facemos en política. E as críticas políticas son lexítimas e teñen que estar dentro da normalidade".
  comenta   0
O Ministerio de Igualdade e as comunidades e cidades autónomas acordaron este luns, no seo da Conferencia Sectorial de Igualdade, a creación do Grupo de Traballo sobre Acreditacións das Situacións de Violencia sobre as Mulleres
  comenta   0
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, avanzou que a Xunta traballa para ter listo en 2025 un protocolo específico para a atención de mulleres con discapacidade que sofren violencia de xénero.
  comenta   0
Traballadores das ecobrigadas da entidade plantaron 300 bidueiras para rexenerar de forma natural unha parcela do municipio de Curtis con especies autóctonas de Galicia
  comenta   0
Os concellos avisan, sen máis achegas non hai futuro para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Os gobernos locais estarían “cubrindo” case a metade dos custos deste servizo. A Consellería de Política Social di que desde o Goberno autonómico se está asumindo o 70% dos orzamentos para este servizo.
  comenta   0
As familias vulnerables están reclamando o pagamento do bono social térmico, unha axuda do estado para facer fronte á factura enerxética correspondente á calefacción en fogares con baixos recursos. As contías enviadas polo Goberno central ás comunidades autónomas son repartidas normalmente no mes de xuño. Pola contra, este 2024 parece haber un atraso na entrega das contías que ademais do diñeiro aportado polo Estado tamén levan engadidas un diñeiro extra da Xunta de Galicia
  comenta   0
A conselleira lembrou que o anterior ministro, José Luís Escrivá, comprometeuse a facer efectivo este traspaso en xaneiro do ano 2022, pero que segue sen executarse. Por iso, pediu á nova titular da carteira que retome esta cuestión.
  comenta   1
O texto contempla máis compensacións económicas e días de descanso polo traballo en domingos, festivos e datas especialmente sinaladas, tales como noiteboa, nadal, noitevella, ano novo e reis.
  comenta   0
O "gran problema" que na actualidade teñen as residencias é que nelas, ademais de anciáns, tamén se ingresan pacientes con patoloxías psiquiátricas ou adiccións.
A conselleira de Política Social, Fabiola García asegurou que se realizarán "as actuacións correspondentes para depurar as responsabilidades ás que haxa lugar".
  comenta   0
Lamentan que non se aborde a problemática da mestura de persoas maiores con outros usuarios como os pacientes psiquiátricos ou con adiccións, o que repercute nos primeiros, quen, segundo as traballadoras, padecen "agresións de todo tipo".
  comenta   0
O BNG denunciaba hai unha semana “presións” aos inspectores de Servizos Sociais no seu labor referido ás residencias de maiores. O PPdeG pedía non dubidar do traballo dos funcionarios mentres que as acusacións de connivencia entre Xunta e empresas privadas van en aumento. A todo isto débeselle sumar o escaso número de funcionarios con tarefas de inspeccións e as dificultades que encontran para realizar o seu traballo.
  comenta   0
Plataforma de Organización de Infancia de Galicia (POIG) segurou que o sistema de protección de nenos e adolescentes en Galicia está "infrafinanciado" para os equipos da Xunta como para as entidades non públicas.
  comenta   0