A través deste mapa interactivo podes coñecer os emprazamentos das grandes mobilizacións de Vigo dos últimos 40 anos, dende as mobilizacións por mor da Sanidade ata a folga de 1972, pasando polas mobilizacións do barrio de Coia ou polas preferentes.
A deputada Yolanda Díaz considera que o informe "está incompleto" porque "se recorta todo o relato de malas prácticas das entidades financeiras, entre elas as estafas aos cidadáns".
  comenta   0
Un membro da coordinadora de plataformas censura a "estafa" no Congreso e o representante de CIG-Banca comparecerá a partir de febreiro. Juan Juncal, do PP, acusa a En Marea de de "comunismo puro e duro" e "madurismo" encuberto de "buenismo".
  comenta   2
Un muro de silencio caeu finalmente sobre as preferentes. Falamos con Xesús Domínguez, voceiro da Plataforma de Afectados en Compostela, de por que os medios xa non abordan a maior estafa bancaria da historia do país. Na súa opinión, PP e PSOE fomentaron un modelo bancario para destruír as caixas, modelo que agora está comercializando de novo produtos perigosos.
  comenta   0
A Coordinadora galega de afectados polas preferentes e subordinadas criticaron que o Goberno central "se poña unha vez máis do lado dos estafadores" e "traizoe a miles de familias galegas ao negarlles a posibilidade de recuperar os seus aforros".
  comenta   0
O Executivo de Mariano Rajoy vetou en Madrid unha proposición de lei aprobada por unanimidade no Parlamento galego para que todos os afectados de preferentes recuperasen o total dos cartos.
  comenta   0
O Goberno central vetou a tramitación no Congreso dos Deputados dunha proposición de lei aprobada en marzo de 2014 por unanimidade no Parlamento galego.
  comenta   2
Trátase dun proceso colectivo contra as “cláusulas solo” e as participacións preferentes. "Cremos que na historia de Galicia non hai unha demanda co número de afectados e co impacto económico desta", apunta o avogado Xoán Antón Pérez Lema. Abanca di que "xa é cousa xulgada"..
  comenta   0
Denuncian que teñen que pagar máis polo diñeiro cotizado no estranxeiro e denuncian que son tratados case como delincuentes por uns cartos que “non se cobraban en B”.
  comenta   0