Nas escavacións recuperáronse os restos das ferramentas líticas fabricadas en cuarcitas e cuarzos recolleitos nas beiras dos ríos próximos. Estes aparellos eran usados para procesar os animais cazados, as súas peles e para fabricar ferramentas en madeira. Tamén se atoparon restos óseos e dentais das presas, como mandíbulas e ósos de cervo.
Científicos cren que os fluxos migratorios con América do Sur e o Caribe foron o medio polo que o subxenotipo D4 deste virus se introduciu en territorio galego, que mostra unha das taxas máis altas do mundo desta variante, con menor incidencia no resto do Estado español.
  comenta   0
Un estudo de investigadores da USC sobre a Cova Eirós atende ao proceso de transición entre os últimos grupos de neandertais e os primeiros humanos modernos que habitaron o noroeste ibérico.
  comenta   0
Soterrados baixo terra, cubertos de eucaliptos, situados en pendente... Non teñen aínda nome propio e non deixan de aparecer ao longo do territorio galego. De respostar ás moitas preguntas que xorden ao redor destes círculos invisibles estariamos a coñecer un período moi descoñecido da nosa historia.
  comenta   0
Organiza tres xornadas nas que repasarán os costumes funerarios de Galicia dende o paleolítico ata a Idade Contemporánea.
  comenta   1
Un estudo sobre o fluxo turístico e as condicións sanitarias impostas en once lugares arqueolóxicos de Galicia, tanto no interior como no exterior, entre xuño e setembro do pasado ano, acredita a importancia que o turismo arqueolóxico está collendo en época de pandemia na que priman normas sanitarias estrictas e controis de aforos.
  comenta   0
Galicia, norte de Portugal, cornixa cantábrica e norte de Cataluña foron “as zonas máis favorables” para o asentamento dos primeiros homininos na península ibérica, segundo un novo estudo que relaciona as condicións climáticas e ambientais no Plistoceno coa distribución potencial dos primeiros humanos en Europa. O xamento de Porto Maior (As Neves) é o máis antigo en Galicia con restos humanos, cunha antigüidade entre 300.000 e 200.000 anos.
  comenta   0
Unha tese establece a a súa evolución e os procesos de territorialización na serra oriental galega e o sector meridional lucense.
O arqueólogo Marcos García Díez explica nesta entrevista os revolucionarios achados artísticos neste xacemento galego, que amplía nuns 2.500 anos a duración da arte figurativa do Paleolítico Superior e convértese na cova máis occidental con gravados e pinturas deste período prehistórico, rompendo o límite franco-cantábrico fóra do cal se pensaba que non podían existir outros xacementos. O profesor da Universidad Complutense está "convencido" de que ten que haber máis xacementos en Galicia como Cova Eirós.
  comenta   1
Pasadas as datas de Nadal e xa metidos na costa de xaneiro, atrévome a lanzarlle unha misiva a quen lle corresponda cunha serie de asuntos que veñen de lonxe e que precisan unha solución.
  comenta   0
Os restos foron achados na Cova do Rei Cintolo e ata o momento non se coñecía fauna na cavidade con máis de 7.500 anos, resalta unha investigación que vén de ser presentada.
Un grupo de investigadores critica o traballo liderado por un científico da Universidade de Vigo por “numerosos erros” e acúsano de usar de xeito “incorrecto” os estudos que fixeron antes que el.
  comenta   0
Os derradeiros estudos veñen de confirmar que foi empregada como campamento "por un longo tempo".
Unha investigación feita por científicos no xacemento arqueolóxico de San Salvador de Coruxo (Vigo), tras a vaga de incendios de 2017, conclúe que a especie autóctona é máis resistente ao lume e protexe mellor os gravados rupestres.
  comenta   3
Os osos atopados en Os Conventos, na Pobra do Brollón, son do século X. A pesar de que se barallaba que o achado era da Prehistoria, o director desta escavación asegura que "é interesantísimo".
O Parque da Arte Rupestre deseña un completo programa para este verán que inclúe obradoiros de arqueoloxía, roteiros e visitas guiadas nocturnas.
  comenta   0
Investigadores denuncian que as desfeitas e o abandono dos xacementos bioarqueolóxicos na costa galega, canda os efectos do cambio climático, poñen en perigo depósitos milenarios claves para entender a relación dos habitantes de Galicia co mar, algúns dos cales xa foron destruídos.
  comenta   0
O delegado do Goberno apuntou que a licitación da obra levaba máis dun ano paralizada por trámites administrativos que atrasaban esta "importante actuación cultural".
  comenta   0
Os equipos arqueolóxicos que acharon as pinturas deron parte á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que valorou o descubrimento.
  comenta   0
Trátase dunha quincena de pinturas de diferentes tipos, dende soliformes até o fantástico ídolo oculado, o primeiro documentado no país.
Estabamos en pleno debate sobre a denominación da violencia exercida polos homes contra as mulleres...que se violencia de xenero, que se violencia machista...e apareceu a ultra-dereita para chamarlle violencia intrafamiliar. >pareceu a ultradereita para condicionar o léxico do Partido Popular que agora xoga coa denominación "violencia familiar".
  comenta   0
Integrantes do grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico realizan a primeira análise detallada sobre o inventariado da arte rupestre galega. Actualmente coñécense 3.374 estacións.
  comenta   0
O Centro Arqueolóxico de Dombate presenta unha novidosa actividade para captar a atención dos máis novos coa recrecación dunha escena doméstica desta época.
  comenta   0
No lugar de Porto Maior, concello das Neves, descubríronse numerosas prezas grandes que serviron como ferramentas no Pleistoceno Medio. O estado de conservación é moi bo. Un equipo de investigación liderado polo Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana, datou este xacigo como o máis antigo con actividade humana en Galicia.
  comenta   2
O CSIC, mediante o Incipit, resume a ritmo de blues, en dous vídeos, os traballos realizados nunha das necrópoles megalíticas máis espectaculares do continente.
  comenta   0
Os científicos argúen que só un aumento substancial no número de visitantes permitido orixinal tería un impacto económico relevante, pero ameazaría a sustentabilidade física da cova.
  comenta   0
Salvemos Cabana censura a celebración do evento 'Saberes e Sabores', que "converteu o centro arqueolóxico nun improvisado bar de tapas".
  comenta   4
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria visita esta alfaia da arqueoloxía galega.
  comenta   1
Adega e a Asociación Autonómica e Ambiental Petón do Lobo critican á Xunta por tentar favorecer os instereses dunha multinacional. Piden que o expediente tamén teña en conta outros bens patrimoniais, como o Camiño de Santiago, un camiño real e cinco covas máis.
  comenta   0
Investigadores galegos e portugueses identifican por primeira vez os principais recursos madeireiros consumidos polas pequenas poboacións humanas asentadas no noroeste peninsular na Idade do Bronce Antigo e Medio. Os científicos analizaron cinco asentamentos e un lugar funerario e descubriron que estas comunidades "estableceron unha clara preferencia pola madeira de Quercus", árbore "predominante nos bosques caducifolios que dominaron esta rexión durante ese período".
  comenta   1
Os estudos arqueolóxicos realizados recentemente na estrutura circular de Lavandeira confirman a estrutura prehistórica circular ou ovalada, similar á Roda de Barreiros.
  comenta   0
A revista Quaternary International publica un monográfico de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e do Institut Català de Paleoecologia Humana i Evolució Social.
  comenta   0
As novas datacións confirman que o grupo de neandertais que ocupou este espazo en Triacastela foi un dos últimos que habitaron no norte da Península antes da chegada dos homo sapiens.
  comenta   0