Xornal da Coruña e a Asociación Alexandre Bóveda organizaron un roteiro sobre os medios en galego nesta cidade dentro dunha campaña da Amega. Da man dun excepcional guía como Xurxo Souto, máis de 60 persoas "molláronse pola lingua" e descubriron a potencia da Coruña como gran precursora da prensa en galego.
Baixo o cancelo #BaresenGalego, os usuarios anímanse a compartir o nome dos locais nos que se pode ler prensa en galego.
As letras galegas de 2020 lémbrannos o lonxe que estamos de Portugal.
  comenta   0
Xoán Costa é filólogo e conselleiro delegado de Sermos Galiza, empresa editora de Nós Galicia, o único xornal diario en papel e en galego que acaba de nacer coa aportación de 3.000 subscritores. Nesta entrevista valora como imprescindible a creación dun tecido de medios na nosa lingua e que se adapte ás tendencias das persoas máis novas. Costa ve con optimismo o panorama mediático en galego mentres considera factible a saída de Feijóo da Xunta se as demais forzas políticas tentan achegarse nun goberno amplo.
  comenta   5