Os materiais en contacto cos alimentos --sarténs, coitelos, tuppers...--- son unha das maiores fontes de contaminación química, por enriba dos praguicidas. "Non pensamos nun garfo ou nunha sartén como un risco, pero todos os materiais deseñados para tocar alimentos poden transferir substancias", sinala a investigadora Antía Lestido Cardama, que deu unha conferencia dentro do programa de divulgación científica 'Pint of Science'.
  comenta   0
Segundo trasladou a Academia a través dun comunicado, o acto central de homenaxe terá lugar o 8 de outubro no marco do Día da Ciencia en Galicia, pero programaranse actividades para dar a coñecer a figura do científico e as súas contribucións ao conxunto da sociedade durante todo o ano.
  comenta   0
A central nacionalista non acudirá ás reunións dun convenio que considera que ten "vicios de legalidade, tal e como sinalou a Autoridade Laboral".
  comenta   0
Investigadores do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) demostraron que é posible controlar a liberación de fármacos encapsulados en polímeros mediante o emprego da luz.
A industria farmacéutica galega está composta por empresas implantadas no noso territorio desde onde operan cara os circuítos comerciais, outras nacidas en territorio galego trasladaron a súa sede principal a lugares como Madrid deixando algunhas seccións no país. Por outra parte, anunciouse a creación de novos laboratorios, un deles en Monforte. Mais a cuestión é se o sector supón a día de hoxe un activo con peso dabondo na economía galega.
  comenta   0
Un programa de residencias artísticas do CICA (Centro de Investigación Interdisciplinar de Química e Bioloxía) da Universidade da Coruña.
  comenta   0
Un estudo do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), dependente da Universidade de Santiago de Compostela (USC), sinala aos lípidos en sangue como potenciais biomarcadores da Covid persistente.
  comenta   0