Nesta primeira semana de desconfinamento, as crianzas estanse enfrontando a un mundo que lles resulta moi estraño; e as experiencias non sempre son positivas. Amara, unha cativa de cinco anos, asegura con firmeza que mentres o coronavirus ande entre nós, ela non quere saír máis á rúa. Outras crianzas, en cambio, viven esa hora de paseo coma unha auténtica festa.