Segundo trasladou a Academia a través dun comunicado, o acto central de homenaxe terá lugar o 8 de outubro no marco do Día da Ciencia en Galicia, pero programaranse actividades para dar a coñecer a figura do científico e as súas contribucións ao conxunto da sociedade durante todo o ano.
  comenta   0
Da man de Teodoro Muñoz, astrofísico do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) que participou nunhas xornadas celebradas na Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), o GC descobre o verdadeiro funcionamento destes corpos. Toma nota!
  comenta   0
O economista e presidente do Consello Económico e Social de España, Antón Costas (Vigo, 1949), ingresou este luns na Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) cun discurso no que fixo un chamamento a crear "un novo contrato social focalizado en devolver dignidade e recoñecemento ao traballo e na creación de bos empregos".
  comenta   0
A Real Academia Galega de Ciencias (Ragc) elixiu ao matemático José Rodríguez como Científico Galego do Ano no bicentenario do seu falecemento, ao que a institución describiu como "un científico no sentido moderno do termo e, para moitos, o primeiro de Galicia" que "loitaba de forma desinteresada pola ciencia".
  comenta   0
En que punto nos deixa isto? É hora de tomar medidas legais como xa fixeron os actores de Hollywood? Chegou a IA a un punto que non imaxinábamos hai un ano, coa irrupción de Chat GPT nas nosas vidas? Cal é o seguinte paso? Robots humanos?
  comenta   0
Mañá abordarán o impacto da IA nas nosas vidas, en particular na saúde e no emprego, no marco do ciclo promovido pola Real Academia Galega de Ciencias 'Intelixencia Artificial. A electricidade do século XXI?'.
  comenta   0
Diversa comercializa un novo tipo de nanopartículas compostas a base de lípidos non tóxicos e biodegradables, que melloran a biodistribución e liberación das moléculas terapéuticas con alto potencial.
  comenta   0
Parelamente, concédese o premio Fernando Calvet Prats ao caso de éxito dunha tecnoloxía en minaría que culminou coa creación da 'spin-off' InVerbis Analytics.
  comenta   0