"Algúns estudos demostraron que falar máis dunha lingua ten beneficios á hora de atrasar os síntomas cognitivos da demencia até catro e cinco anos", apuntan investigadores. Un estudo da UOC analiza datos de 2.700 individuos, fillos de pacientes de Alzheimer, cedidos polo Barcelonaβeta Brain Research Center da Fundación Pasqual Maragall.
  comenta   0
O EMDR é unha técnica de tratamento psicolóxico a través da que se realiza unha desensibilización e reprocesamento por medio de movementos oculares ou estimulación bilateral, pode ser moi eficaz para superar acontecementos traumáticos. A psicóloga do CHUAC Anabel González explica no I Congreso Nacional de Psicoloxía nas Emerxencias como os traumas poden paralizarnos e como se poden tratar.
  comenta   0
José Manuel Jerez Aragonés, experto en minaría de datos participante no VI Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión celebrado en Vigo asegura que "o cambio está a ser tan rápido que plantexa profundos dilemas éticos". Dende Galicia Confidencial falamos con el para profundar nestes dilemas.
  comenta   0