Estanse a cumprir 20 anos dun suceso moi relevante na vida política galega: a perda da maioría absoluta do PP de Manuel Fraga e a posterior formación dun goberno de coalición entre o PSdG e o BNG.
  comenta   0
A historia de Veva e Patri é moito máis ca unha anécdota viral: é unha homenaxe ao tempo compartido, á memoria afectiva, aos oficios invisibles e á conexión entre dúas xeracións que se escollen cada día. Entre colares de cunchas, almorzos e vídeos nas redes, avoa e neta tecen unha complicidade que emociona, diverte e nos fai pensar no valor das cousas que non se poden pospoñer.
  comenta   0
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, admitiu que este é "un dos principais retos" do seu departamento, pero asumiu que os datos "evidencian que as novas xeracións perciben estas profesións como duras" e non "atractivas", polos riscos "inherentes" a pesar duns "salarios competitivos".
  comenta   0
O cociñeiro galego Daniel Ferreiro leva máis de 14 anos transformando a rutina mariñeira nun festín diario a bordo de grandes barcos de pesca, mentres conquista as redes sociais como El Capitán Tarteras, unha conta que xa acumula máis de 41.000 seguidores.
  comenta   1
Juan Vidal, un dos creadores de Guía Furanchín, a guía por excelencia para coñecer os furanchos galegos, amósase moi preocupado por unha realidade que, de seguir así, suporá a extinción total dos furanchos. Trabas burocráticas, unha normativa aberta a interpretacións, presións da hostalaría, falta de relevo xeracional... Os problemas aos que se enfrontan estes locais son moi numerosos.
  comenta   0
O conselleiro do Mar destaca en Burela a importancia da capacitación para garantir o relevo xeracional no sector
  comenta   0
Xosé Manuel Seixas, coñecido como o 'Home Entroido', leva máis de 30 anos dedicados á investigación e recuperación das máscaras e tradicións do Entroido galego
A alcaldesa de Lugo destaca a necesidade de renovación dentro do seu partido. Nesta entrevista lembra que no seu goberno e na agrupación municipal socialista están tentando atraer xente nova. Sobre as voces críticas con Besteiro di "que axuda, porque motiva máis".
  comenta   0
O GC continúa a semana grande do Entroido coñecendo as figuras recuperadas do Entroido de Mugares da man de Roberto, o presidente da asociación cultural organizadora, que nos conta as novidades deste ano, no que ademais de Mazarucos, Señoritas e Labardeiros haberá tamén representación das Comedias.
  comenta   0
"Hai moita diferenza disto a traballar nunha fábrica e ser esclavo, no meu caso tendo que desprazarme ademais, sumándolle ás oito horas de traballo unha hora máis entre ir e volver, facendo fins de semana e sen tempo para vivir porque sempre estás cansado", conta este mozo vilagarcián ao Galicia Confidencial. "Este traballo agora proporcióname unha calidade de vida moi boa", celebra.
  comenta   0
O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á loita do sector conseguiuse parar a creación de macrogranxas e limitar o número de animais que poden acoller as explotacións. Con todo, unha nova ameaza pon en risco ao sector: a falta de relevo xeracional. Así nolo conta Román Santalla, secretario de Gandaría da Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA).
  comenta   0
Xosé Covelo, enxeñeiro de montes e director técnico da Asociación Forestal de Galicia (AFG), reivindica que "o poder unificar esas parcelas e microparcelas de propiedade particular en zonas de xestión forestal conxunta é unha fórmula que leva anos tratando de potenciarse para evitar problemas como os incendios ou o abandono".
  comenta   0
O Galicia Confidencial pecha a súa serie entrevistando a mulleres que traballan nun mundo 'de homes' por todo o alto, coa historia dunha muller que, sendo de cidade, atopou no campo e nas súas ovellas a súa tranquilidade e o seu negocio: "Pensaba que non ía botar máis de dous meses, co que a min me gustaba ir ao cine e ao teatro e facer vida social, conventéronse xa en 12 anos", confesa.
  comenta   0
A burbulla de 2008 estourou logo de máis de dúas décadas deixando o sector da construción danado e con obras a medio acabar. Dezaseis anos despois volven os temores ante prezos moi elevados e ante a falta de alugueres asequibles. Con todo, o número de vivendas vendidas aumentou levemente en Galicia, mesmo por debaixo da media do Estado.
  comenta   0
O tamén gandeiro en Castro de Rei asegura que "as granxas que seguen abertas vense obrigadas a ter máis animais para ser rendibles". Dende o GC falamos con el da realidade actual das explotacións lácteas galegas.
  comenta   0
Dende o Galicia Confidencial falamos co director da Federación Galega de Comercio (FGC), José María Seijas, que aposta por relaxar os trámites burocráticos e dar incentivos aos máis novos para que se animen a tomar as rendas destes locais nos que garantir o relevo xeracional é fundamental para a súa subsistencia.
  comenta   0
O Galicia Confidencial visita o seu obradoiro en Pontecesures, onde nos ensina unha roda de madeira para a fabricación de cirios de 4 metros de altura e os seus estantes cheos de centos moldes de arxila fabricados a man.
  comenta   0
A súa familia é a propietaria de gandaría Quintián, no concello lucense do Páramo, e dende ben nova, esta paramesa de 23 anos se interesou pola gandaría e os concursos, algo que quere vincular á futura profesión que está estudando: veterinaria.
  comenta   0
Acada xa os 20.000 seguidores na súa canle de Tik Tok, onde o vídeo máis viral foi no que tocaba a canción de ritmo latino 'Dime si le comento a la pura' coa pandeireta. Hoxe o GC descúbreche a esta rapaza que ten moito arte!
  comenta   0
Francisco González, presidente da Asociación Galega de Cetreiros e responsable de Falcóns Galicia asegura que relevo xeracional si hai, vinculado tamén ás exhibicións que se fan nas feiras, pero o problema son os trámites burocráticos para ter unha ave.
  comenta   0
Non estaba nos plans de Cristian Mayor e Jose Pejo, os dous únicos membros da comisión de festas de Pasarela, pero "cando nos chamou o axente da París hai cousa duns días para dicirnos que lles quedaba libre a data pensamos que oportunidades así non se poden desaproveitar".
  comenta   0
Xosé Antón Rodríguez, catedrático de economía na Facultade de Económicas e Empresariais da USC, analiza neste artigo a política económica de Galicia e aporta posibles suxerencias para mellorala.
  comenta   0
O País contabiliza 18 traballadores de menos de 25 anos por cada 100 persoas en idade de abandonar o mercado laboral.
  comenta   0
Á crise de 'microchips' e á falta de compoñentes para poder reparar as avarías de certos vehículos, súmase agora o problema de pezas de coches novos que, ao non poder ser cambiadas por partes, precisan sen substituídas enteiras, o que supón un bo golpe económico para o cliente. Ricardo Borrajo, da Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (ATAVE), así nolo conta a Galicia Confidencial.
  comenta   1