O Ministerio Público reclama restricións de contacto e unha compensación económica á vítima.
O texto saíu aprobado nunha reunión en Bruxelas coas únicas abstencións de Alemaña e Grecia, pero cunha declaración anexa de Italia e Romanía moi crítica co proceso para tramitar esta recomendación e que cuestiona a base científica para soster que os riscos pola exposición ao vapeo xustifican ampliar a estes produtos as mesmas restricións que ao tabaco tradicional. España respalda ao completo a recomendación.
  comenta   0
O comisario de Agricultura da UE, Janusz Wojciechowski, asegurou que as protestas do campo lle serviron para percatarse de que era necesario modificar "unha parte importante da lexislación e simplificar algunhas restricións da política agrícola común".
  comenta   0
O propietario é un veciño que Ourense que, aínda que estaba habilitado como piloto de dron, non consultara, como é obrigatorio, a páxina Enaire Drones para comprobar a información aeronáutica diaria para ese día, coas restricións actualizadas.
O director técnico da Asociación Galega de Xogadores Anónimos, Juan Lamas, asegura que mesmo a través dos videoxogos que contan co modelo 'free to play-pay to win' ou de 'lut boxes' "estase inculcando aos rapaces a mentalidade de que se tes diñeiro podes obter vantaxas a nivel social; nos videoxogos a vantaxa é a nivel do propio xogo, pero iso na mentalidade dun adolescente trasládase á vida real e a cartos reais".
  comenta   0
O encoro de Cecebre está a un 43% da súa capacidade, o que non é "preocupante", segundo a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, que descarta trasvasamento de auga do encoro de Encrobas.
O alcalde de Mañón, Alfredo Dovale (PP), afirma que "a finalidade das medidas adoptadas é reducir ou eliminar riscos potenciais para a saúde da poboación".
  comenta   0
Inés Rey apelou a facer un uso responsable da auga e sinalou que o Concello "xa tomou medidas" respecto diso para "evitar que a situación se agrave".
Preocupación na área da Coruña pola situación do encoro de Cecebre. O alcalde de Cambre solicita o transvasamento de auga desde Meirama a este encoro.