O acordo subscrito entre o PSC e ERC para facer posíbel a investidura de Salvador Illa como presidente da Generalitat abriu fortes polémicas no eido estritamente político e tamén nos ámbitos académicos e mediáticos.
  comenta   0
Unha sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número uno de Pontevedra avala a decisión do Concello de Pontevedra de prohibir as emisións da megafonía exterior da igrexa de San Martiño, na parroquia de Salcedo.
  comenta   0
Esta medición responde ao control do Concello tras a reapertura da sala, que se produciu en novembro do ano pasado. Permanecera varios meses pechada por orde municipal tamén debido a un exceso de decibeis detectado noutra medición.
Unha enquisa do Concello de Santiago a máis de 3.600 visitantes conclúe que o 70 % pasa dúas ou máis noites na cidade. Segundo medicións sonoras recollidas no marco da campaña 'Fráxil', o volume de ruído medio é de 67 decibeis, "o dunha conversación".
Vigo sitúase á cabeza con diferenza, coas festas de Coia e o verán como picos de ruído. Lugo, pola contra, perde ruído nos meses de verán, cando a xente deixa a cidade. Outras cidades como é o caso de Ferrol xa non manifestan niveis de contaminación acústica elevados en ningún mes do ano 2023.
  comenta   0
O Concello sinala que a actividade estará suspensa ata que "se corrixan as deficiencias" e espera que se solucionen "canto antes". O establecemento de lecer nocturno anunciou que pedirá a "nulidade das medidas".
  comenta   0
Segundo recolle o escrito de Fiscalía, os feitos a xulgar producíronse desde o 2005 e, polo menos, ata o 2011 cando a fábrica, sita no Vilar de Infesta, realizou emisións de ruído excesivo que causaron graves prexuízos e molestias, derivadas dos ruídos e vibracións, a catro persoas que residían nunha vivenda contigua á fábrica.
Admite que colleu o coitelo "para matala" pero actuou "fóra de control". Di que o ruído que facía a vítima impedíalle descansar pero nega que tivese "ningún sentimento" ou trato con ela.
O aludido indicou que lle dixo á súa filla que non fixese ruído tan pronto e que ela fixo caso omiso, polo que se puxo "moi nervioso", recoñecendo os feitos violentos. Por iso, procedeuse á detención do home como presunto autor dun delito de violencia no ámbito familiar.
A Xunta selecciona 45 zonas prioritarias para o seu plan de redución de ruído en estradas, ao que destina 8,2 millóns.
  comenta   0