Unha vez máis, UGT e Comisiones Obreras manifestaranse de forma conxunta, mentres que a CIG fará o propio por separado en diversas concentracións ao longo da Comunidade, coa da urbe olívica tamén como protagonista.
O BNG espera que o Goberno galego non realice anuncios que "despois quedan en nada" e que "non se cumpren". O PSdeG avisa a Rueda de que "se pensa que vai pasar o debate sen escoitar críticas" ante "16 anos de fracasos" está "moi equivocado".
  comenta   0
A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou nula a extinción contractual decretada por unha empresa respecto dunha traballadora por considerar que incorreu en discriminación por discapacidade, coas consecuencias inherentes de readmisión e abono dos salarios deixados de percibir.
Traballadoras de Sodexo, Samsic e Veolia, tres das principais empresas contratadas por Inditex que agrupan a ao redor dunhas 300 persoas, mobilizáronse diante da sede da multinacional en Arteixo
"O problema xurdiu en Lugo, ante a negativa de Tragsa a asumir o incremento salarial pactado no convenio, que supón unha subida do 2,65% para este ano" engadiu a CIG
  comenta   0
Sandra Amézaga, secretaria da asociación Mulleres Salgadas, lamenta que no sector do mar, como en moitos outros, "existe unha tendencia xeral: cando un traballo non está ben remunerado, é básico e custoso e require de moita man de obra, desempéñano mulleres; pero, cando xa se convirte nun oficio con recoñecemento social, con bos salarios e mellores condicións, empezan a entrar nel os homes, que rematan por apropiarse do mesmo e por exercer o liderado".
  comenta   0
Son 10 especialidades nas que se produce esta diferenza respecto dos docentes do extinto corpo de técnicos: cociña e pastelaría, estética, fabricación e instalación de carpintaría e moble, mantemento de vehículos, mecanizado e mantemento de máquinas, patronaxe e confección, barbaría, produción en artes gráficas, servizos de restauración e soldadura.
  comenta   0
A popular María Gueimonde, que accedou á cargo tras unha moción de censura, cobrará 59.000 euros.
No caso de Galicia, afirman que se está "quedando atrás" fronte aos acordos de carácter retributivo acordado noutras comunidades autónomas "e ata o propio Ministerio de Xustiza para garantir que os futuros cambios fáganse contando con todo o persoal".
  comenta   0
Durante a protesta, convocada pola CIG, pediron a xornada de 35 horas e unha subida salarial do 5 % asegurando que nos últimos 15 anos o funcionariado "perdeu máis do 20 % do seu poder adquisitivo".
  comenta   0
O sindicato insiste: "medidas máis efectivas para combater esta discriminación, especialmente na negociación colectiva e no deseño de políticas públicas que corrixan a masculinización dos complementos salariais e a precariedade laboral nos sectores feminizados"
  comenta   0
O Sindicato de Enfermaría (SATSE) asegura que a desigualdade prodúcese "cando distintos factores e causas propician que as súas retribucións a curto, medio e longo prazo difiren en maior ou menor cantidade"
  comenta   0
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala que hai "moitas traballadoras e traballadores" que "seguen tendo dificultades para chegar a fin de mes".
  comenta   0
Entre as numerosas reclamacións dos médicos destacan unha nova reclasificación profesional acorde coa súa formación e con vinculación retributiva; melloras no sistema de xubilación; protección ante as incompatibilidades; e unha redución da xornada laboral, entre outras.
  comenta   0
A xornada media pactada en convenio situouse en xaneiro en 1.753,1 horas anuais por traballador. En media semanal, esta xornada de 1.753,1 horas anuais equivale a 38,4 horas, fronte ás 37,5 horas semanais de xornada máxima legal (1.712 horas anuais).
  comenta   0
Asina con UGT e CC.OO. a nova suba do salario mínimo que beneficiará a uns dous millóns de traballadores, dous de cada tres mulleres.
  comenta   0
Defende "condicionar os fondos de vivenda que o Estado dá ás comunidades autónomas ao cumprimento efectivo da lei".
  comenta   0
Navarra ten as xornadas máis curtas e os soldos máis altos. UGT publica un estudo por rexións para "desmontar" que traballar menos destrúe emprego e recorta salarios.
  comenta   0
Acusan ás formacións políticas de empregar as pensións como moeda de cambio parlamentaria.
  comenta   0
Critica á ministra polo seu "case fanatismo" co diálogo social, unha "pantomima" que os "exclúe" e coa que a patronal "sempre gaña".
  comenta   0
A UGT destaca tamén a unificación progresiva do actuais dez anexos nun só, e o capítulo sobre absorción e compensación.
  comenta   0
O investigador da USC Ismael Irigoy detalla que "en España hai 3 millóns de vivendas en aluguer" e que "un 15 % dos españois obteñen rendas a través do aluguer de propiedades"; mentres que nunha cidade como Barcelona "a media dos ingresos que un cidadán ten que destinar mensualmente ao aluguer está nun 43 %".
  comenta   0
Un xulgado de Lugo recoñece a relación laboral de 41 bolseiros e obriga a esta fundación a recoñer a súa relación laboral e pagarlles máis de medio millón de euros en concepto de salarios.
  comenta   0
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, avanzou hai unhas semanas que convocará a mesa de diálogo social para o SMI a principios do próximo ano.
  comenta   1
Este cifra supón un 5,7 % máis en 2023 que os 21.999 euros de 2022, segundo o Estudo de Salarios nas fontes tributarias publicado este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE).
  comenta   0
As diferenzas son "relativamente importantes" en sectores como o das actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros, da información e das comunicacións e en actividades profesionais, científicas e técnicas, administrativas e servizos auxiliares., segundo o 'Estudo Salarios. A remuneración do factor traballo na economía galega' que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE).
  comenta   0