Iván Rodríguez, voceiro de Espiral-Mocidade Republicana, explica que actualmente a universidade soamente asegura un traballo cualificado previo pago dun master. Ademais, a meirande parte deles atópanse fóra de Galicia. Pola súa parte, estudantes de todas as áreas de coñecemento explican a situación que viven respecto á finalización dos seus estudos universitarios.
  comenta   1
O rexedor convidou ao editor do Grupo Voz a visitar a alcaldía viguesa logo de anos de desencontros e duras portadas do xornal coruñés cara ao alcalde. En xogo estaban moitos centos de miles de euros en subvencións.
  comenta   3
O xornal coruñés puxo en marcha unha nova reconversión coa intención de potenciar os contidos dixitais. "Nos medios que imos subsistir non hai nin rancor, nin desprezo, nin odio", di tras recoller o Premio Diego Bernal. Feijóo destaca que a vocación deste medio é "ser a voz da maioría dos galegos".
  comenta   1
O xornal de Santiago Rey recomendalle moderación tras os ataques a Feijóo e lembra que noutra ocasión xa tivo que ser Pilar García Negro –colaboradora deste medio--, a que fixera rectificar á líder nacionalista. Pontón insiste en que hai "manadas" no ámbito doméstico, no social e no institucional.
  comenta   12
Apunta a intereses políticos e empresariais na persecución xudicial ao ex conselleiro Fernando Blanco. Curiosamente, o bipartito perdeu a Xunta por escasos votos na provincia da Coruña tras unha agresiva campaña do PP amplamente divulgada por La Voz de Galicia.
  comenta   15
Estiveron os principais dirixentes da Xunta e líderes e alcaldes do PP, tamén do PSdeG, ademais de destacadas personalidades da economía, a cultura e da sociedade. O BNG tivo unha nutrida representación con Ana Pontón, Miguel Anxo Fernández Lores e Camilo Nogueira.
  comenta   17
Rebelo de Sousa alerta do avance dos radicalismos ao recibir o Premio Fernández Latorre nun acto no que o rei Felipe VI apela ao "exemplo de cohesión" de España e Portugal.
  comenta   1
O ex conselleiro delegado do Grupo Voz e fillo do seu propietario, Emilio Rey, entra no medio catalán Economía Digital, mentres que o director de El Correo Gallego, José Manuel Rey Nóvoa, asume a presidencia do grupo Editorial Compostela. Xorde un novo medio colaborativo en Internet, adiante.gal .
  comenta   6
Desde que esta formación se converteu na cuarta forza parlamentaria son continuas as entrevistas e informacións sobre a súa nova líder, con noticias que contrastan coas que se publican de En Marea e do PSdeG. Tamén destacan as noticias sobre a boa xestión do goberno de Alberto Núñez Feijóo.
  comenta   40
O diario santiagués lanza unha información moi dura contra La Voz, un día despois de que o xornal herculino se fixese eco da gran débeda que ten El Correo Gallego. A cabeceira compostelana asegura que V Televisión se fai con alumnos en prácticas.
  comenta   13
Os negocios vanlle moi ben a Santiago Rey. Non é só que La Voz de Galicia estea amortizando a súa débeda a pasos axigantados; é que Corporación Voz, a matriz do grupo, aumenta os beneficios e as remuneracións do equipo que lidera Santiago Rey.
  comenta   8
Gran redución da débeda, caída dos ingresos do papel, aumento de beneficios da empresa, importantes remuneracións dos directivos e continuación da “minoración salarial” en 2016. Estes son algúns dos aspectos máis importantes das contas oficiais do diario de Santiago Rey.
  comenta   9
O ex delegado de La Voz en Ourense atacou duramente nun artigo ao ex vicepresidente da Xunta por deixar o BNG. “Contigo empezó el desastre que ahora parece haber tocado fondo. Y cuando unos aguerridos militantes, con Ana Pontón al frente, se aprestan a sacarlo a flote, eres el primero en abandonar el barco”, apunta o xornal coruñes. Anxo Quintana contesta nunha misiva na que explica porque La Voz usa ao BNG para atacalo a el.
  comenta   35