Os positivos relacionados co brote da COVID-19 que afecta á Mariña de Lugo sitúanse en 47 e mantéñense en 15 os do Saviñao.
No Saviñao, no cabo do Mundo, un dos lugares máis emblemáticos da Ribeira Sacra, nacía no 2004 un proxecto privado con vontade comunitaria que pretendía poñer en valor o patrimonio moble, artístico e etnográfico da cultura ribeirá da zona.
A comezos de setembro tiña Luga o I Festival de Música de Cámara da Ribeira Sacra. Unha iniciativa de Beatriz Blanco, con avós orixinarios de Parada do Sil e do Saviñao. "Se con esta idea contribuímos un pouco a dinamizar a vida cultural e darlle pulo á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, estaremos máis que contentos", asegura.
O Parlamento galego aprobou a proposta defendida pola deputada do BNG, Olalla Rodil, para construír o novo centro de Saúde no Saviñao (Lugo). O acordo contempla que as obras se inicien canto antes e o novo centro sexa unha realidade antes do remate da lexislatura.
  comenta   0