A deputada do BNG Carmen Aira avisou de que cada vez hai "máis ataques a persoas" e a poboación sofre "tensión" pola presenza "masiva" desta especie invasora, mesmo "familias enteiras que se acaban indo das súas vivendas". "Deben prepararse para abordalo e para o futuro", reclamou a parlamentaria do BNG, quen esixiu "medidas urxentes e xa".
  comenta   0
Trátase de 50.000 parcelas dos concellos de Carnota, na provincia da Coruña; As Nogais, na de Lugo; Cualedro, A Gudiña, Monterrei e Lobios, na provincia de Ourense; e Gondomar, na de Pontevedra.
  comenta   0
Declara os primeiros oito perímetros de alto risco de incendios en vías de Bergondo, Carnota, Navia de Suarna, Pantón, Carballeda de Valdeorras, Carballeda de Avia, Campo Lameiro e Crecente.
  comenta   0
"A investigación está baseada no método científico das evidencias físicas. Aquí a formación empezou na década dos 90 e agora nós impartímola aos demais compañeiros" defende o coordinador desta unidade, Carlos Magariños.
  comenta   0
A Xunt informa das novidades do Pladiga 2021: Unidade de investigación de lumes, alza de parroquias de alto risco e máis cámaras.
  comenta   1
A data límite era o 31 de maio, pero "non se puido" iniciar o traballo ata o 16 de xullo. Medio Rural abordará "posibles melloras" despois do positivo en COVID dun brigadista na Cañiza.
  comenta   0
Desde o executivo galego aseguran que non se chamou a ningún enxeñeiro interino para facer ningunha tarefa pública, propia e exclusiva de técnicos.
  comenta   0
O sector reclama "coordinación" para frear a "praga". O número de niños retirados e neutralizados a través do plan de Seaga ascende a case 8.400, segundo a Xunta
  comenta   0
Eulen tivo a principal adxudicación xusto antes da crise do coronavirus, pero tamén recibiu outra contrata pública hai un mes, cando se reactivaron os concursos públicos tras a crise da COVID-19.
  comenta   0
Un total de 80 profesionais actuará en diferentes concellos galegos tras ter 200 avisos só na última semana de abril e tras morrer un home en Santiago a pasada semana.
  comenta   0
Seaga realiza tarefas en franxas ao redor de núcleos de poboación, mentres Medio Rural prepara un "ambicioso" programa de prevención para levar a cabo "tan pronto como o permita a emerxencia sanitaria".
  comenta   0
O convenio entre Xunta e Fegamp para loitar contra esta avespa estreou o seu primeiro mes de funcionamento cunha media de 29 alertas diarias.
  comenta   0
A Administración autonómica defíneo como un "sistema de cooperación" entre a Xunta, Seaga, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e os concellos que voluntariamente se adhiran.
  comenta   0
Un informe critica o peche na última década do 62% das torres de vixilancia contra o lume e as 93% das unidades móbiles.Tamén considera necesario que existan controis médicos obrigatorios, e "non voluntarios como ata agora", para acreditar unha boa condición física e que o persoal maior de 55 anos poida pasar a unha segunda actividade.
  comenta   0
Os e as profesionais do servizo contraincendios insisten en que é necesario un plan de prevención contra o lume. Advirten que pensar só en extinción non ten sentido, máis que nada polo gasto da mobilización de medios, e apostan por un mando único.
  comenta   1
Este luns arrinca o alto risco de incendios e aínda sen que comezasen os traballos sobre o terreo no marco do convenio entre municipios e Xunta para que a empresa pública Seaga se encargue das tarefas de limpeza das franxas secundarias.
  comenta   1
Os pagamentos aos profesionais da vixilancia, prevención e extinción do lume, varían moito en función da categoría profesional e os pluses que se lles sumen. Tamén existen outros gastos, como os efectivos militares e os equipamentos de vixilancia, que levan unha importante partida do orzamento para a loita contra o lume.
  comenta   0
A Xunta de Galicia modificou as condicións para entrar no seu servizo contraincendios. O sindicato CSIF apunta que os cambios no decreto de contratación foron feitos de maneira unilateral polo goberno galego.
  comenta   0
Confirma que os 548 postos de loita contra os incendios deste ano están "na fase previa de chamamentos". Aposta agora por un "traballo continuo" e "en calquera momento" nas franxas contra incendios
  comenta   0
Fegamp e Seaga advirten "atrasos" nestes traballos mentres Medio Rural négao e apunta que empezarán "este mes, como estaba previsto".
  comenta   0
Colaborará coa Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) na mellora da xestión da biomasa nas proximidades aos núcleos de poboación impulsando o pastoreo nas franxas de protección das aldeas.
  comenta   0
Os primeiros cen plans locais antincendios, obrigatorios desde o goberno bipartito, estarán listos antes de verán.
  comenta   0
A Xunta asegura que a súa experiencia puntuará nas listas de contratación, polo que "parte ten moitas posibilidades de acceder".
  comenta   1
Quen estea intesado ten que adquirir un compromiso de cinco anos. Con todo, a medida para facerse efectiva dependerá da vontade dos concellos e dos numerosos propietarios desas franxas, algo que o propio conselleiro non garantiza polo gran minifundismo da terra en Galicia.
  comenta   0