O expresidente do Goberno estivo na Coruña para pronunciar unha conferencia sobre educación. Ve "pouco responsables" as críticas ao Goberno pola crise do Sáhara: "O patriotismo demóstrase na oposición"
  comenta   1
O Executivo español traslada agora o seu apoio á autonomía proposta por Marrocos. Socios do Goberno e outros grupos, como o BNG, formalizan a petición de explicacións a Sánchez.
  comenta   0
Rexeita a nova posición do xefe do Executivo que considera "incoherente", adoptada con "enorme opacidade" e "formas incorrectas".
  comenta   0
Tamén atoparon asociación entre as intrusións de po sahariano e o aumento de contaxios e hospitalizacións polo coronavirus SARS-CoV-2. Outro estudo detalla como mellorou a calidade do aire en Vigo e A Coruña durante o confinamento.
  comenta   0
GC comeza aquí 'Chegada: Galicia', unha serie de entrevistas a persoas que, dende diferentes partes do mundo, colleron un billete de ida cara a Galicia e non volveron marchar. O primeiro en abrir esta quenda de conversas é Wage Kori, un rapaz do campamento de refuxiados de Smara, no Sáhara. Cun galego perfecto, cunha gheada orgullosa, Wage relata como foron aqueles tempos en que chegou a Frades, a aldea que o acolleu.
  comenta   6
A eurodeputada Ana Miranda critica a "dobre moral" de PP, PSOE e Ciudadanos por pedir respecto polo dereito internacional, pero "deixar de aplicar esas regras" cando se trata da relación con estoutro país.
  comenta   0
Solidaridade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) organiza cada verán a acollida de nenos e nenas saharauís por parte de familias de toda Galicia. É o único contacto dun pobo cun Estado que un día foi a potencia colonizadora que os deixou en mans de Marrocos.
Lograron superar as divisións tribais para converterse en cidadás de pleno dereito, visibles, que loitan por que se escoiten as voces reprimidas no Sáhara Occidental.
  comenta   0
A xustiza europea recoñece que a UE non pode asinar acordos co país alauí que afecten aos recursos saharauis. LidIa Senra esíxelles ás autoridades europeas que respecte as conclusións do TXUE.
  comenta   0
O noroeste peninsular é a zona menos afectada polas intrusións deste fenómeno. Ademais, A Coruña recibe menos po sahariano que Milán, malia estar 2.000 quilómetros máis preto de Marrocos. Un estudo relaciona o po sahariano en suspensión con taxas de mortalidade.
  comenta   0
A Coordinadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara (CEAS-Sáhara) presentou a campaña #EspañaNoDescoloniza.
  comenta   0