O profesor emérito, especialista no sector forestal, afonda na recuperación do chan logo dun incendio, a necesidade de revalorizar o monte, de intervencións preventivas e, sobre todo, de cambiar a visión que se ten sobre o monte. Todo isto pensando en frear o deterioro do monte como sistema tanto biolóxico como produtivo.
  comenta   0
O biólogo e especialista no estudo do lobo Pedro Alonso, que acumula décadas de estudo sobre este animal, lamenta que non houbese diálogo para buscar o consenso con todas as partes implicadas e interesadas na xestión do lobo, así como a falta dun estudo demográfico sobre a poboación de lobos o suficientemente rigoroso.
  comenta   0
Juan Picos Martín, enxeñeiro de montes e membro da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo (UVigo), advirte da importancia de reducir o combustible dispoñible para evitar a propagación dos grandes incendios forestais. Iso, nunha Galicia con centos de miles de eidos de propietario descoñecido, pasa pola loita contra o abandono de terras e pola implicación da Administración e a sociedade no seu conxunto..
  comenta   1
O Sindicato Labrego Galego advirte de múltiples cambios que provocan unha "inseguridade xurídica" en favor de proxectos como os de Altri e eólicos.
  comenta   0