Os grupos da oposición aproveitaron para acusar á dirección da CRTVG de "contradicir" os principios deontolóxicos e as recomendacións para o tratamento de casos de violencia de xénero ao emitir pezas que "caían no morbo" con "fontes pouco fiables" ou declaracións de achegados ás vítimas.
  comenta   0
Alfonso Sánchez Izquierdo, negou "vetos" a artistas na televisión e a radio públicas galegas e critica duramente ao Colexio de Xornalistas, entidade que organiza o Premio José Couso.
  comenta   1
O director xeral da corporación, Alfonso Sánchez Izquierdo apelou a que os traballadores da empresa "representan a imaxe da empresa non soamente coa vestimenta, senón tamén cos seus comportamentos".
  comenta   1
Foi durante a comisión Parlamentaria onde acusaron á CRTVG de "manipulación" por parte das deputadas da oposición, no día en que se cumprían 45 'Venres negros' de protestas de traballadores.
  comenta   0
O director xeral explica que os novos cambios van acordes coa transformación do ente público en Corporación. Créanse novos departamentos e fusiónanse as competencias da RG e da TVG. Chegan novos cargos e cesan históricos cargos vinculados a época de Manuel Fraga. “É un golpe de man de Sánchez Izquierdo para asentar o control interno”, apuntan fontes consultadas.
  comenta   16
Sánchez Izquierdo, sobre a negativa a emitir as escoitas ao ministro do Interior: "Non damos gravacións que non proceden de sumarios"
  comenta   1
O director xeral da CRTVG di que non e responsabiliza das informacións ao "criterio" dos xornalistas. Toda a oposición na Cámara mantén o contrario e acusa ao ente público de non abordar con pluralidade cuestións como os conflitos no novo Hospital de Vigo ou a denuncia contra José Manuel Baltar.
  comenta   8