"Non parece razoable promover a realización masiva de probas diagnósticas, confinar á poboación ou limitar a actividade produtiva mentres se paralizan ou desmontan centros de saúde", lamentan desde SOS Sanidade Pública.
  comenta   1
Profesionais e sindicatos consideran abusivo e carente de ética o feito de pagar taxas para entrar en listas de contratación do SERGAS. Se ben xa non se paga anualmente para renovar estas relacións de traballadores e traballadoras, desde sectores laborais ven as taxas como un sistema máis de recadación e, un agravante do sistema de contratación para profesionais sanitarios.
  comenta   0
Os sanitarios alertan da posible venda ou acceso aos nosos datos sanitarios por parte de empresas privadas. Sanidade non responde quen e como fará os rastrexos da COVID, só di que se está formando xente para isto e que o número de rastreadores é “suficiente”.
  comenta   0
Para a Plataforma pola sanidade pública "non é momento de mobilizarse, pero si de esixir á Administración que cumpra coa súa obrigación e dispoña as solucións necesarias"
  comenta   0
Alberto Núñez Feijóo inicia a súa cuarta lexislatura cunha axenda de cuestións pendentes desde que tomou posesión por primeira vez en 2009. Un punto importante é a sanidade pública, onde a atención primaria, os réximes de contratación, a externalización e o réxime de concertación coa sanidade privada e o COVID-19 non parecen constar ou polo menos, non parecen preocupar ao inquilino de Monte Pío.
  comenta   6
A pandemia da COVID-19 obrigou a desprazar recursos para o tratamento das persoas afectadas. Os servizos sanitarios tiveron que deixar á parte aquelas intervencións que estimaron poderían esperar ata pasada a pandemia. Mais as asociacións de pacientes e sectores médicos din que se non se retoman agora as listas de espera, é moi probable que o SERGAS estea cerca dun colapso.
  comenta   1