Achégase o día marcado no calendario da capital da Terra Chá coa súa tradicional feira con este producto estrela e falamos con dous criadores para coñecer como se presenta.
  comenta   0
O autor de 'Clandestino' acudía de neno ás festas da capital da Terra Chá, onde tenta regresar sempre que está en Galicia
Presentado cartel e a programación comézase xa a traballar no acondicionamento do recinto festivo e a ultimar detalles doutras actividades paralelas. Os días grandes serán o 6 e o 7 de agosto.
  comenta   0
O Concello de Vilalba, a Nova Poesía Guitirica e o Istituto de Estudos Chairegos, veñen de presentar un ciclo que contará cuns dez actos musicais, divulgativos, poéticos e teatrais ao redor da sobranceira intelectual galega.
O dono podería ser multado grazas á Lei Mordaza porque a arma, malia estar moi oxidada, aínda dispara.
A asociación Terra Chá Sostible presentou dúas denuncias pola eucaliptización de máis de 100 hectáreas en amplas zonas do centro da provincia de Lugo, desfacendo, mesmo carballeiras para convertelas en zonas agrarias.
Unha sentenza desestima o recurso que interpuxera a empresa Erimsa contra o primeiro rexeitamento.
A empresa Urbas comprou recentemente uns terreos no concello lucense de Muras. A intención é abrir unha explotación de feldespato a ceo aberto. Desde o Concello falan de conversas cos propietarios das fincas, mais de momento din que non hai plan algún de explotación polo momento. Movementos ambientalistas apuntan á política de “Galicia é unha mina” fomentada desde a Xunta de Galicia.
  comenta   2
Acusan ó concello de Outeiro de Rei de "mirar para outro lado" e permitir a "destrución" ambiental por aprobar o proxecto da obra.
O consultorio de Parga quedou en 'stand by' durante o estado de alarma e o Sergas anunciou que se recuperaría "parte da actividade asistencial", pero a atención médica será derivada a outro centro acusado pola saturación xa previamente. Os veciños recollen sinaturas e organízanse contra os recortes nos servizos sanitarios da vila.
O presidente da Xunta critica ao Executivo de Sánchez por non ter aínda un calendario para a desescalada, pero di que no caso galego haberá que agardar aos estudos epidemiolóxicos para saber como actuar se, por exemplo, hai xente do Baixo Miño que traballa en Vigo, ou rapazada da Terra Chá que estuda en Lugo.
  comenta   4
A canle de divulgación científica O Son das Ideas publicou un vídeo para defender a súa postura ante este vello debate científico que se consideraba superado. Cadrou que era primeiro de abril.
Esta cuadraxésima edición reunirá en Guitiriz músicos da talla de Susana Seivane, Uxía Senlle ou Xurxo Souto para lembrar a traxectoria deste evento. Foxen de subvencións e da tendencia a convertirse nun macrofestival. No canto diso, apostan por manterse fiel a súa esencia: espallar a cultura de noso e dinamizar a Terra Chá.
Representantes de catorce concellos reuníronse este xoves polos arredor de 900 postos de traballo directos e indirectos que están actualmente en perigo.
  comenta   0