Castelo Conta leva máis de dez anos enchendo de vida e cultura esta parroquia de Culleredo. O que comezou como unha noite de monólogos para salvar as festas é hoxe un festival de dez días, con música, teatro, humor e actividades no Monte Xalo, que implica á veciñanza e atrae público de toda Galicia.