Así, tal e como detallou o Goberno galego nunha nota de prensa, o GIES será un novo recurso dos servizos de emerxencia de Galicia formado por traballadores sociais especializados para intervir en contextos de emerxencia social
  comenta   0
A deputada socialista Silvia Longueira esixirá esta semana no Parlamento de Galicia explicacións sobre as "recentes modificacións" na Lei de Servizos Sociais, "que permiten que funcionarios sen titulación en Traballo Social tramiten e informen as solicitudes da Lei de Dependencia".
  comenta   0
Ante as chamadas de atención da UPG, di que sempre traballou pola unidade de candidaturas e ábrese a pactar coas outras listas para a asemblea do BNG: "Ata o último momento a miña man está tendida".
  comenta   0
Representantes dos sindicatos CIG, CC.OO., SLG e o Colexio Oficial de Traballo Social denunciaron que a lei de acompañamento aos orzamentos da Xunta para 2025 modifica "pola porta de atrás" a participación do Consello Galego de Benestar Social que, en opinión das organizacións sindicais e do Colexio, limitarase agora a "emitir ditames a instancias da Consellería".
  comenta   0
Fran Allo é traballador social na Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog), encargado de informar e apoiar ás familias cando lles dán o diagnóstico do seu fillo. Sempre lles lembra que "hai un recurso permite que cando os dous proxenitores traballan, un poida solicitar a redución de xornada ata o 99,9 %, e a empresa ten que pagarlle igual, porque se entende que o seu traballo é estar ao coidado do seu fillo".
  comenta   0
A Xunta afirmou que "desde o primeiro día" informouse a través da plataforma informática aos traballadores sociais desta nova prestación, aínda que non descartaron "axustar todos aqueles aspectos informativos" que sexan necesarios.
  comenta   0