Inspectores de Servizos Sociais denuncian o traslado de persoas con enfermidades mentais e problemas de adiccións a residencias para maiores. Valoran esta convivencia como perigosa tanto para a xente maior como para o persoal que tampouco foi reforzado con especialistas en tratamento a persoas con doenzas mentais. A situación, parece ser, xa vén de hai tempo.
  comenta   0
As residencias privadas para maiores seguen tendo os mesmos problemas que antes da pandemia. O factor máis importante é a falta de persoal e isto non permite cumprir cos rateos mínimos profesional-usuarios. Detrás da falta de persoal hai unhas condicións de traballo consideradas “inhumanas”. Por outra parte, hai quen cualifica estes centros como “macrogranxas” ou “cadeas de montaxe” en canto atención ás persoas usuarias.
  comenta   0
"É urxente acabar co sufrimento desta xente", sentenzan dende Vellez Digna, que xunto coa asociación de Traballadoras de Residencias de Galicia, denunciaron ante Política Social e Sanidade a "situación de abandono" en que se atopan os residentes deste centro de Pazos de Borbén.
Sectores profesionais e familiares insisten en que as residencias seguen sendo lugares idóneos para a infección por COVID entre usuarios. Doutra banda, a Consellería de Política Social entende que a vacinación e as medidas hixiénico-sanitarias reduciron amplamente o risco de infección. As dúas versións difiren, aínda así, haberá algún punto en común.
  comenta   0
Trega e Vellez Digna censuran o "escurantismo" da administración e aseguran que a consellería deu ordes de non facer PCRs aos traballadores antes de volver a exercer. Sandiade, pola súa banda, defende que o reconto dos mortos foi "escrupuloso" e nega que houbera indicacións para non facer probas.
  comenta   0
O persoal de residencias leva dous anos sen convenio renovado. Desde este colectivo denuncian que algunhas categorías profesionais estarían cobrando por debaixo do SMI, segundo as táboas salariais do sector. Non obstante, o temor dos e das representantes das traballadoras é a falta de vontade para dialogar desde a patronal. A iso súmanlle a actitude da Xunta de Galicia que logo do acontecido en plena pandemia, só realizou cambios estruturais “para disimular” na consellería de Política Social.
  comenta   0
A Asociación de Traballadores de Residencias de Galicia, TREGA, convocan para o día 8 de novembro unha concentración denunciando a falta de convenio no sector.
  comenta   0
Familiares e traballadores aseguran que o rexistro do Sergas deixou polo camiño moitos falecidos con covid, algúns por falta de medios e outros de xeito intencionado. “Morrían tres anciáns e ao día seguinte non aparecían no rexistro da Xunta”, apuntan dende TEGRA. Sanidade e DomusVi negan que se ocultaran datos.
  comenta   0
A Xunta deu por finalizada a vacinación en centros de maiores no mes de febreiro. Porén, os últimos gromos e as denuncias de varias asociacións do sector poñen en dúbida a versión oficial do proceso. “Están contratando traballadores non vacinados”, afirman en TEGRA.
  comenta   0
A Asociación de Traballadores de Residencias de Galicia (Trega) nega que "Fernández Miguélez teña trato directo con familiares de usuarios, nin sequera que acuda ás residencias de maneira regular". En Defensa da Sanidade Pública esixe a dimisión dos responsables da vacinación da delegada de DomusVi.
  comenta   0