O vicepresidente da Xunta asegura que este problema non afecta exclusivamente a Galicia, senón ao conxunto de España, e mostrouse convencido de que outras autonomías tamén rexistran este tipo de queixas.
  comenta   0
Destaca a coincidencia "practicamente ao 100%" coo nova valedora, Fernández Galiño, con tres eixos "fundamentais": "Dereitos humanos, ecoloxismo e feminismo".
  comenta   1
En Marea, BNG e Grupo Mixto critican a "repartición de cadeiras" e o "pacto do bipartidismo", que volve caer nun "erro estrepitoso".
  comenta   0
Os socialistas destacan a traxectoria "galeguista, feminista e progresista" de Porteiro e defende que ostenta "o perfil necesario para abrir a nova etapa" que necesita o Valedor do Pobo.
  comenta   1
Así o manifestou Gonzalo Caballero na xornada na que se coñeceu que o PPdeG rexistrou na Cámara galega a proposta de que a maxistrada María Dores Fernández Galiño ocupe o cargo de valedora do Pobo.
  comenta   0
A lei do Alto Comisionado do Parlamento de Galicia contempla que debe iniciarse, nun prazo non superior a un mes, o procedemento para a elección un novo valedor.
  comenta   1
O PP burocratiza o seu cese na Cámara. Milagros Otero permanece no cargo por agora pero ten que enviar antes do sábado unha explicación aos grupos.
  comenta   0
Santalices convoca aos grupos antes do pleno. O PSdeG interpreta que o cambio feito por Otero no seu escrito implica que xa dimitiu e o PP chama aos grupos a negociar un substituto.
  comenta   2
A aínda Valedora do Pobo enreda máis e a súa substitución podería atrasarse sen data posto que queda ao dispor de que os partidos da cámara galega cheguen a un acordo.
  comenta   4
Quere que o cambio nesta institución veña dado cun acordo que ten que estar respaldado polo propio Partido Popular e que pode tardar anos. Ata entón, Milagros Otero seguirá de valedora.
  comenta   2
Asociacións animalistas demandan unha reforma da Lei de Caza para impedir que os menores de idade poidan ir de acompañantes ás batidas (ou mesmo participar directamente, no caso dos maiores de 16)
  comenta   0
A lingua nosa necesítanos para non desaparecer, para continuar sendo, nunha clara manifestación do conatus spinoziano, segundo o cal todas as cousas esfórzanse, no que está ao seu alcance, para perseverar no seu ser. E a xente galega somos quen estamos máis a carón das súas verbas, de aí a nosa responsabilidade na súa supervivencia. Nós posúemos o galego e o galego posúenos a nós.
  comenta   0
A institución do Valedor do Pobo abriu unha queixa de oficio para coñecer os detalles destes supostos ataques no Centro Comercial.
O Servizo de Patrimonio nesta provincia mesmo fixo un informe no que propón deixar de protexer o ben, sabendo que está inventariado e catalogado. O obxectivo é validar as actividades ilegais no xacemento dunha canteira. No castro atopouse un machado votivo único en Galicia. Cultura aclara que o informe de Patrimonio de Lugo está arquivado e o ben protexido.
  comenta   1
O debate sobre o futuro da valedora do Pobo, Milagros Otero, arrincará o pleno deste martes día 10 de xullo, no que tamén estarán no foco outros asuntos como a situación da CRTVG, o Pazo de Meirás ou o traspaso da AP-9.
  comenta   0
Apela a que agora os grupos deben estudar a información nova antes de votar sobre o cesamento de Otero e non precisa a postura do PPdeG.
  comenta   1
Relacións familiares, relacións de amistade e mesmo de mentor e discípula están detrás dun polémico nomeamento. Quen son os catedráticos Francisco de Paula Puy Muñoz e Jesús Martínez Girón e que relación hai entre eles e Milagros Otero?.
  comenta   4
Milagros Otero asegura que foi o número dous do Valedor --proposto polos socialistas-- o que impulsou o nomeamento de María Puy Fraga. O PP anima a recorrer o fallo e Villares desvela que o experto externo do proceso foi "proposto" por "Pedro Puy" para a xunta electoral.
  comenta   0
Escudouse en que aínda se estaba producindo a comparecencia de Otero e evitou emitir unha opinión acerca de se debería renunciar ao seu cargo.
  comenta   0
A oposición reclama a súa dimisión antes da sesión plenaria e o PPdeG non avanza a súa postura e pide "escoitar" os seus argumentos.
  comenta   2
La Voz, El Correo Gallego, La Región, El progreso levaron varias veces a titular o caso do enchufismo da "cuñada de Carmela Silva", pero silencian que a enchufada da valedora é a irmá do voceiro do PPdeG, Pedro Puy.
  comenta   6
María Puy Fraga, irmá do portavoz parlamentario do PPdeG, defende que se o procedemento se fixo "mal", se debe "corrixir", pero considera que ela é allea a esa cuestión. Faino usando o xornal La Voz de Galicia como o seu altofalante mediante unha carta na que esixe desculpas dos maxistrados.
  comenta   0
O portavoz do PP na Cámara galega desvincúlase do nomeamento da súa irmán no Valedor anulado polo TSXG pola súa "arbitrariedade", evita comentalo e recomenda que se dean explicacións. Milagros Otero anuncia que falará do tema na Cámara.
  comenta   5
Pontón tacha a actuación de Otero de "táctica caciquil" e estende os efectos do caso ao PP, ao que pide que "non escurra o vulto".
  comenta   0
Unha sentenza considera de Milagros Otero cometeu "abuso de poder" e "arbitrariedade" por enchufar á irmá de Pedro Puy.
  comenta   0
A institución executou a sentenza que anula o nomeamento de María Puy Fraga como xefa de servizo de Administración e Persoal pola que intercedeu Milagros Otero.
  comenta   4
Acata a decisión de repetir o procedemento e lembra que a sentenza non é firme, aínda que non aclara se a recorrerá. "Asegura que actuou co "máximo respecto ás condicións legais do procedemento".
  comenta   2
Lembra que o TSXG constata "desvío de poder" e "arbitrariedade" no nomeamento da "irmá do portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy".
  comenta   0
A sentenza suliña que Milagros Otero cometeu "desvío de poder" e "arbitrariedade" ao designar a dedo a María Puy Fraga. O demandante alegou que se comenteron "groseiras infraccións do procedemento, que, ademais, denotan "unha manifesta desviación do poder".
  comenta   14
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) determina que a Valedora, Milagros Otero intercedeu para que o posto fose para unha persona coa que tiña relación.
  comenta   3
A Plataforma de Veciños Mina O Pino-Touro Non denuncia a desidia das autoridades autonómicas no control das instalacións da antiga mina de cobre situada en Touro. Acusan de falta de control medioambiental e tamén de querer poñer atrancos ás peticións de institucións como a Valedora do Pobo.
  comenta   0