Hai libros que se compran polo autor, hainos que se compran aconsellados por un amigo ou por unha boa crítica nalgún suplemento de cultura, e os hai que se compran por casualidade, por algún detalle, tal vez nímio, que nos chama a atención: o deseño dunha portada, ou o título. Hai xa un lustro merquei “Cancións de amor a queimarroupa” de Nickolas Butler, Libros del Asteroide, 2014, simplemente polo título.