Os ingresos do fabricante danés entre xaneiro e setembro alcanzaron os 9.703 millóns de euros, un 12% menos que un ano antes.
  comenta   0
O presidente da Deputación de Lugo critica duramente á Xunta por "abandonar a Mariña".
Tomé insistiu en que o acordo "é a mellor opción e o Ministerio --de Industria-- xa dixo que ía estar moi pendente do que suceda".
  comenta   0
Industria aínda confía nun "bo fin" para a planta de Vestas, mentres que a Xunta acusa o Goberno central do "problema" que supón o peche da factoría este venres 31 de decembro.
"Vestas non se atopa interesada en vender, non quere que ningún outro competidor adquira a factoría e leve a cabo un proceso de reindustrialización na fábrica para así poder manter o emprego", declarou a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana.
Xunta e comité piden "tempo suficiente" para materializar a venda, mentres o ministerio mantén contactos en Europa, Asia e América.
A portavoz nacional do BNG tamén insta á Administración galega e ao Goberno a traballar para que a transferencia da AP-9 "sexa efectiva".
  comenta   0
A xornada de folga xeral contou con críticas á ministra Reyes Maroto, que nega "inacción" por parte do Goberno.
  comenta   0
"Sen industria non hai futuro", sentenciou Pontón, que considera que, ademais de "deixar miles de emprego no camiño", o peche de Alcoa San Cibrao suporía "non entender unha das leccións" que deixa esta crise.
  comenta   0
María Jesús Lorenzana remarca que a Xunta, en calidade de autoridade laboral, enviou tres requirimentos durante a negociación á compañía ao detectar "malas praxes".
A conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, informou de que hai un novo posible investidor para a planta, de forma que xa son nove as empresas con interese na compra, aínda que non pode dar "máis datos" ao ser "moi incipiente".
Miguel Ángel Vázquez Taín é o presidente do Consello de Galego de Colexios de Economistas. Participa no I Foro Económico de Viveiro, na comarca da Mariña afectada actualmente pola situación industrial de Alcoa e Vestas. A proposta de Vázquez Taín é o aproveitamento do recursos propios de cara a crear, por exemplo, enerxía a prezos asequibles para a industria ademais de contemplar cambios na formación para dar resposta ao mercado laboral.
  comenta   1
Os socialistas optaron pola abstención porque discrepaban de todos os puntos salvo un polas demandas a Madrid e os populares non permitiron votar por separado.
  comenta   0
Os representantes dos traballadores censuran faltas de partidas nos orzamentos de 2022 da Xunta e do Goberno.
A compañía nega rotundamente as acusacións de “mala fe”, tal e como o demostra a súa presenza en dúas mesas de negociación de forma paralela, unha delas, a Mesa Industrial, de forma voluntaria.
O persoal de Vestas Viveiro manifestarase de novo polas rúas de Compostela para esixir á empresa que non peche a súa fábrica no concello mariñao.