Un estudo da Universidad Carlos III de Madrid liderado polo galego Alberto Quian mostra como esta enciclopedia libre pode servir para medir o interese público e o comportamento social sobre un tema. Os investigadores aplicaron o estudo a un termo "controvertido" como é WikiLeaks, analizando e comparando os rexistros históricos de edicións e consultas no seu 'wiki' e os fitos desta organización de filtracións.
  comenta   0
A Universidad Carlos III de Madrid premia a primeira tese doutoral feita en España sobre ética e cultura hackers e a organización liderada por Julian Assange. Parte do traballo de investigación supuxo a publicación en GC de documentos filtrados da axencia de intelixencia gobal Stratfor.
  comenta   2
O investigador vigués Alberto Quian traza a liña evolutiva da cultura hacker para explicar o fenómeno WikiLeaks nunha tese defendida na Universidad Carlos III de Madrid que mereceu a máxima distinción académica. Parte da investigación foi desenvolvida en GC.
  comenta   0
Terceira e última achega da serie de artigos de análise sobre o novo dono de Barreras. Petróleos Mexicanos é considerado a "caixa chica" de políticos daquel país. O seu sindicato recibe ademais millóns de euros para dispendios, impón a contratación dos seus traballadores a navieiras privadas e o seu secretario xeral é acusado de nepotismo.
  comenta   3
A mala xestión de Petróleos Mexicanos, en creba técnica, as irregularidades nas contratacións, a polémica e frustrada experiencia da paraestatal mexicana como accionista de Repsol e a súa teima por tomar a tecnoloxía doutras empresas poñen en dúbida as súas intencións para co estaleiro vigués Hijos de J. Barreras. GC ofrece as claves da estratexia agresiva de Pemex para levar o estaleiro galego a México.
  comenta   1
GC inicia a publicación dunha serie de artigos de análise sobre Petróleos Mexicanos (Pemex), a empresa paraestatal que se fará co control do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras, a maior factoría naval privada de Galicia. Os correos da axencia Stratfor desvelados por WikiLeaks mostran as eivas do novo actor clave do naval galego.
  comenta   10
Un informe do fondo Emerging Sovereign Group di que o PP prometía aos inversores internacionais "recortes e reformas radicais" cando chegase ao poder e admite que Rajoy ocultou as súas intencións para non perder votos.
  comenta   4
Segunda achega sobre os intereses dos países europeos no conflito libio na que analizamos polo miúdo as estratexias de España, Italia, Reino Unido, Francia e Rusia para obter beneficios comerciais, políticos e xeoestratéxicos. Documentos orixinais no interior da axencia Stratfor.
  comenta   0
Nova achega dos correos de Stratfor. Camilo Villarino, conselleiro para Asuntos Transatlánticos e de Seguridade e Defensa na Embaixada de España en Washington, advertiu en comunicacións segredas cos analistas de Stratfor dos perigos do novo sistema de votación no Consello da UE, que dará a partir do ano 2014 un "enorme poder" aos "catro grandes": Reino Unido, Francia, Italia e, sobre todo, a Alemaña. A crítica contrasta coa subordinación de España aos ditados económicos que chegan dende Berlín.
  comenta   15
GC ofrece aos seus subscritores o informe segredo orixinal que a compañía de intelixencia global Stratfor realizou sobre o oligarca ruso Mikhail Fridman, fundador do consoricio Alfa Group, dono de Crown Resources, empresa responsábel da carga do buque petroleiro 'Prestige'. Stratfor vincula a Fridman con asasinatos, tráfico de drogas, branqueo de diñeiro e tráfico de influencias. Le a nova en GC.
  comenta   0
O xuízo do 'Prestige' comeza nun mes. GC debulla as relacións do responsábel da carga, Mikhail Fridman, oligarca ruso relacionado por Stratfor coa mafia e con crimes como asasinatos e tráfico de drogas.
  comenta   2
Nova achega de GC dos correos de Stratfor filtrados por WikiLeaks. Tras anunciarse a nacionalización de NovacaixaGalicia, CatalunyaCaixa e Unnim, Peter Zeihan, vicepresidente de Análises de Stratfor, comentou que "a metade do sistema bancario español é unha absoluta merda", que o seu rescate levaría ao rescate total de España e que "o plan é que o Santander tome o control como banco central do país". Para entender en que nivel se moven Zeihan e os seus colaboradores, amosamos tamén dous emails onde se recoñecen contactos cunha "espía" na axencia de cualificación Moody's. Ler a nova.
  comenta   0