A decisión do secretario xeral do PSdeG de repetir como candidato nas Pontes aclara moito o futuro do socialismo galego e o importante que son as eleccións municipais do 28M. Tamén a volta do senador e ex candidato cocialista á Xunta, Xaquín Fernández Leiceaga, á lista de Santiago pode interpretarse en clave de futuro.
  comenta   3
Os portavoces de En Marea e PsdeG, Luís Villares e Xaquín Fernández Leiceaga, estarán nas dúas comisións, mentres que Ana Pontón o fará na do sistema sanitario galego e Luís Bará na do Marisquiño
  comenta   0
"Estaría ben que o PP limpase a súa propia casa", di Ana Pontón ao referirse ao caso da presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes, "que non é nin capaz de xustificar como obtivo o título de máster".
  comenta   6
O presidente da Xunta di que xa fixo xestións para que o Santander manteña a marca Pastor e que se “investigue” a compra. Avanza que no segundo semestre do ano atenderase a 3.000 dependentes máis, pero Leiceaga pídelle que "abra" as residencias finalizadas e un plan a medio prazo para sumar 2.000 prazas novas.
  comenta   21
O presidente galego defende a súa política ante unha oposición que o acusa de ser "sumiso" a Madrid. Os portavoces de En Marea, PSdeG e BNG acúsano dun comportamento "manso" ante Rajoy.
  comenta   4
Xoaquín María Fernández Leiceaga (Noia -A Coruña-, 1961) é o candidato do PSdeG á Presidencia de Xunta tras vencer nunhas primarias internas a José Luis Méndez Romeu en maio deste mesmo ano. É doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, onde é profesor de Economía aplicada, e a nivel político chegou a ocupar a portavocía parlamentaria do seu partido.
  comenta   0
O novo candidato socialista a Xunta impúxose claramente nestas dúas provincias e tamén nas cidades de Lugo, Ferrol, Vilagarcía, Ourense e Pontevedra. Case empatou en apoios en Ourense, onde se debilita a influencia de Pachi Vázquez, e perde na de Pontevedra, onde Vigo decidiu a balanza a favor de Méndez Romeu.
  comenta   6
O voceiro parlamentario realiza un acto coas mulleres que apostan pola súa candidatura, entre elas, destacas dirixentes como Carmela Silva, Beatriz Sestayo, Carmen Gallego ou Mar Barcón. Pola súa banda, a plataforma galeguista En Positiva aposta por Leiceaga.
  comenta   5
A rexedora de Lugo aposta claramente por un pacto das esquerdas se non hai maiorías absolutas, tanto nas xerais, como nas autonómicas e insiste que hai que ter “altura de miras” porque é o que piden os cidadáns. Insiste en non postularse por ningún candidato aínda que aclara que Fernández Leiceaga foi o primeiro en dar o paso porque tiña un proxecto “claro” para o PSdeG e que “outros estiveron esperando”. Nesta entrevista con GC tamén critica a Feijóo por acudir a Lugo a “vender fume”. Vídeo de Óscar Dacosta e Martín Barreira no Interior.
  comenta   8
Leiceaga avoga pola "integración" no PSdeG e lamenta as críticas do seu opoñente, que ve"impropias" dun compañeiro e máis propias de "Feijóo ou de Rajoy".
  comenta   4
Os dous grandes candidatos, Méndez Romeu e Leiceaga, representan visións moi diferentes dentro do socialismo galego. Os apoios están moi divididos e dependerá do que se poidan mobilizar os distintos baróns do partido.
  comenta   5
Carmela Silva fala de “xogo sucio” por falar da idade dos candidatos, mentres que Lara Méndez Pide “caras novas”. Bugallo e Orozco amosan o seu respaldo a Méndez Romeu e Pilar Cancela anuncia que as listas para o 26X serán as mesmas que as do 20D.
  comenta   8
É o gran rival de Fernández Leiceaga e contaría co respaldo de José Blanco, Pachi Vázquez e outros dirixentes socialistas.
  comenta   2
O presidente da Deputación de Lugo di que se é desimputado “non vería inconveniente”. Con todo, a Fiscalía rexeitou o escrito de recusación do ex lider do PSdeG contra a xuíza Pilar de Lara que terá que decidir sobre as dez imputacións que lle achcaca.
  comenta   1
Evita pronunciarse sobre os candidatos á liderar o PSdeG porque di que "calquera cousa" que comente respecto diso "vai ser o contrario" do que pretende.
  comenta   0
O voceiro parlamentario do PSdeG baralla presentarse ás primarias do PSdeG tras manter diversas reunións con dirixentes do partido.
  comenta   3