Datos achegados por investigadores da Universidade de Vigo mostran que ambos os sectores sufriron unha importante diminución das capturas, ingresos e prezo medio por quilo nas lonxas galegas. No medio desta crise, Xunta e Estado manteñen un conflito polo recurso presentado polo Goberno central contra a orde pola que se aprobou o plan xeral de explotación marisqueira para 2021-2023.
  comenta   0
O vídeo #LugarDe 'A quen lle importa o rural?' pon de manifesto a situación do ensino en zonas rurais como son o Courel, Luaña e Mazaricos.
  comenta   0
O peixe non fora pesado nin introducido na lonxa. Procedeuse a súa comisión para a posterior entrega a un centro benéfico.
  comenta   0
A directora xeral de Pesca insiste no actual reparto de cotas porque "ten en conta todas as variables arredor da pesca artesanal". Nesta entrevista, Rodríguez Moreda defende os seus argumentos segundo os datos que ten a Consellería, aínda que entende que se poden facer máis polo miúdo.
  comenta   0
A reunión celebrada este xoves por representantes do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), as comunidades autónomas e o sector pesqueiro polo reparto da cota de xarda non deixou satisfeito á frota galega.
Pedirán o xoves ao Goberno central un reparto máis equitativo dos totais de captura da cabala, que premian polo excesivo peso da historicidade a País Vasco e Cantabria.
O Goberno vasco insta o Ministerio a que "decline realizar calquera modificación" na repartición actual das cotas.
  comenta   2
En Cantabria, Asturias e Lugo optaron por un sistema de topes individuais de captura anual por buque, para que cada barco se responsabilice de non pescar máis cantidade que a que teña asignada como límite máximo.
  comenta   1
Desde o Goberno central marcouse o próximo 10 de abril como o día en que, se convocará ao sector en Madrid para debater esta posibilidade.
  comenta   0
Un estudo europeo mostra que as capturas nas augas galegas (87%) e norte de Portugal (52%) teñen un nivel de infección por este parasito xeralmente más alto que o atopado en zonas máis setentrionais do Atlántico oriental. O anisakis ten menor incidencia na xarda do Mediterráneo. Trátase dun problema de saúde pública, xa que afecta cada vez máis a humanos que consumen peixe contaminado.
  comenta   0