A delegación do Colexio oficial de Xeólogos (ICOG) en Galicia presentou un compendio de 23 medidas dirixidas aos partidos políticos galegos para un desenvolvemento sustentable na comunidade a través da xeoloxía.
  comenta   0
Un artigo de Anxo Mena, Licenciado en Ciencias do Mar e Doutor pola Universidade de Vigo, ademais de Investigador especializado en Xeoloxía Mariña e Paleoceanografía.
  comenta   0
As reservas hídricas galegas son moi dependentes da choiva. O substrato xeolóxico galego só permite a existencia de dous grandes acuíferos naturais. Os ríos galegos son moi sensibles á seca e a creación de encoros non parece ser xa unha solución fiable. A Xunta e o Goberno central teñen cada un o seu plan para afrontar os períodos de seca, aínda así, son suficiente?
  comenta   0
A Unesco destacou que esta zona ofrece algúns dos testemuños máis completos de Europa da colisión que orixinou o supercontinente Pangea, fai ao redor de 350 millóns de anos.
  comenta   0
O Concello de Verín pretende dinamizar o enclave natural coñecido como o 'Pozo do Demo' con rutas temáticas que poñan en valor o seu patrimonio xeolóxico, arqueolóxico, histórico e natural. Para iso presentará un ambicioso proxecto aos Fondos Next Generation da Unión Europea poñendo como obxectivo ser o maior atractivo turístico no sur de Galicia.
  comenta   0
O obxectivo, segundo informa o organismo provincial, é levar a cabo as actuacións imprescindibles para a defensa da candidatura do Xeoparque ante a UNESCO.
  comenta   0
Segundo Lucía viñas, investigadora do Centro Oceanográfico de Vigo, "este proxecto servirá para coñecer como o impacto humano modificou ata tal punto as condicións que se pode falar dun período xeolóxico diferente."
Falamos co profesor emérito e gran referente da xeoloxía en Galicia, Xosé Ramón Vidal Romaní, sobre a actividade sísmica que se está a rexistrar estes días na zona de Laza.
  comenta   0
Juan Ramón Vidal Romaní é un dos máis prestixiosos investigadores en Xeoloxía de Galicia e tamén un dos maiores expertos na praia das Catedrais. Tralo desprendemento do luns, é unha das voces máis autorizadas para falar sobre o estado do monumento natural.
A zona de Ortegal reúne características xeolóxicas únicas en toda a Península. Isto moveu a un grupo de persoas e concellos da zona para buscar unha nova vía de desenvolvemento sustentable. As antigas minas, as canteiras e sobre todo, as rochas magmáticas máis antigas de Galicia de cando aínda era magma saíndo do fondo do mar.
  comenta   0
Valora as declaracións do presidente da Xunta sobre impulsar proxectos que permitan aproveitar os recursos autóctonos.
  comenta   0
Xustifican o seu apoio en que o ámbito que aspira á declaración atesoura un patrimonio xeolóxico "singular" de "gran relevancia" e unha "estratexia de desenvolvemento propia".
  comenta   0
Reclaman á Xunta que proporcione "máis información" sobre as avaliacións de impacto ambiental para o rexeitamento de proxectos.
  comenta   1
O xeólogo dá conta do alto valor que teñen concellos coma Moeche. Faino para o proxecto Entrelinguas.gal.
  comenta   0
C@urel Vivo amosa a súa preocupación polo anuncio de que Quiroga está ampliando o museo de Xeoloxía para albergar unha réplica de Elba, cuxo esquelete foi atopado entre Courel e Pedrafita.
Desenvolverase nun espazo de 102.635 hectáreas que definirá todos os recursos turístico-científicos das dúas comarcas para realizar por turistas e profesionais.
  comenta   0
O falecemento dunha muller pola caída dunha rocha reabre o debate sobre a seguridade e o sistema de visitas á praia de Augas Santas. Augusto Pérez Alberti, catedrático da Universidade de Santiago, avisou hai meses dos riscos do "exceso" de visitantes e da necesidade de regular as visitas a zonas de cantís. A Xunta deféndese e sostén que o seu plan de acceso está baseado nun estudo rigoroso, cualificado polo experto da USC como "nefasto". A praia permanece pechada.
  comenta   6
Investigadores da Universidad Complutense de Madrid e do CSIC fixeron un estudo nesta canteira para a optimización da explotación de áridos destinados a construción e obra civil. Os resultados preséntanse en plena polémica pola posible reapertura da actividade extractiva de cobre, que suscitou unha avalancha de críticas.
  comenta   3
O rexistro científico de impacto internacional máis antigo sobre Galicia data do 13 de xuño de 1884, foi publicado pola prestixiosa revista estadounidense e baséase nun traballo de 1882 do xeólogo e paleontólogo francés Charles Barrois sobre as súas investigacións en Galicia e Asturias.
  comenta   0